A 11ª xornada da Liga Atlántica de Billarda tivo lugar na Cidade Deportiva da Torre Arsenio Iglesias (A Coruña).
A xornada disputouse a porta pechada polo tema Covid e baixo a curiosidade da xente que camiñaba, facía running ou os turistas que vían un deporte e achegábanse a preguntar como se chamaba. Nesta xornada estiveron presentes tanto equipos de Lugo como das Rías Baixas.
O campión absoluto da xornada foi Xan Rodiño do Lúa de Forza de Sanxenxo, o segundo clasificado foi Manu Pozo do Billardeiros Musicais de Ribadeo e o terceiro posto foi para Xosé Collazo do Campo da Feira de Paiosaco.
Na categoría feminina, a vencedora foi Merche do APB A Laracha, mentres que o segundo posto foi para Aroa do Billardeiros Musicais de Ribadeo e a terceira clasificada foi Irene do Cochiqueiros de Cerceda.
A categoría infantil estivo dominada por Aroa do Billardeiros Musicais de Ribadeo, o subcampión foi Óscar García do Cochiqueiros de Cerceda e o terceiro posto foi para Dani, tamén do Cochiqueiros de Cerceda.
A Liga Atlántica de Billarda – Conferencia Noroeste mostrou o seu agradecemento ao Concello da Coruña e en especial á Concelleira de Deportes Mónica Martínez polo seu apoio, difusión e todos os medios ao seu alcance para que esta xornada fose exitosa en todos os sentidos.
A vindeira xornada será a 12ª e disputarase en Narón, sendo a penúltima da liga.
Podes consultar as clasificacións no seguinte enlace: LNB NorOeste 2020_2021 – Clasificaciones