BILLARDAS: 10ª xornada da Liga Atlántica de Billarda

A 10ª xornada da Liga Atlántica de Billarda tivo lugar en Paiosaco, dentro dos actos da Festa das cereixas.

O tempo deixounos unha tarde espléndida de sol no VI Aberto das Cereixas, con moita expectación tanto dentro como fóra do terreo de xogo, que ata os vehículos que circulaban pola estrada minoraban a marcha para observar a emoción e competitividade entre dous grandes rivais do concello larachés: o Campo da Feira Billarda Paiosaco e o APB A Laracha.

 

 

O campión absoluto da xornada foi Xosé Collazo do Campo da Feira Billarda de Paiosaco, o segundo clasificado foi Añón do APB da Laracha e o terceiro posto foi para Viqueira do Cochiqueiros de Cerceda.

Na categoría feminina, Merche do APB A Laracha quedou como campioa, sendo Irene do Cochiqueiros de Cerceda a segunda clasificada e Isa do Campo da Feira Billarda de Paiosaco no terceiro posto.

Na categoría infantil, o vencedor foi Abel do Campo da Feira Billarda de Paiosaco, sendo Óscar García do Cochiqueiros de Cerceda o subcampión e Dani, tamén do Cochiqueiros Cerceda, ocupando o terceiro posto.

En canto á clasificación por equipos, o Campo da Feira Billarda de Paiosaco foi o conxunto vencedor da xornada, sendo o segundo posto para o APB A Laracha e o terceiro posto para o Cochiqueiros de Cerceda.

A Liga Atlántica de Billarda agradeceu persoalmente a Ramiro Bello Recouso, segundo tenente – alcalde, pola entrega de trofeos a todas as categorías e tamén mostrou agradecemento co concello da Laracha pola colaboración, medios, difusión e promoción do deporte da Billarda.

 

 

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas