BILLARDA: 13ª xornada

Culleredo foi o escenario elixido para disputar a 13ª xornada de billarda.

O Campo da Feira de Paiosaco foi o equipo campión, seguido por Billardeiros Musicais de Ribadeo e Filloas de Sangue da Coruña en terceira posición.

Na categoría absoluta o vencedor da xornada foi Juan Carlos do Campo da Feira, mentres que Óscar Ponte, do mesmo equipo, ocupou a segunda praza e Roi da APB A Laracha no terceiro posto.

Na categoría feminina, a campioa foi Marisa do Lúa de Forza de Sanxenxo, con Aroa de Billardeiros Musicais no segundo posto e Sonia de Cochiqueiros de Cerceda na terceira praza.

En canto á categoría infantil, Abel do Campo da Feira resultou o vencedor, con Valentín de Filloas de Sangue na segunda posición e Roy da APB na terceira praza.

Na entrega de premios estiveron presentes por parte do Concello de Culleredo, o concelleiro de deportes, Miguel Suárez e o de Xuventude, Abraham Seijas.

A próxima xornada disputarase en Ponteceso o 22 de maio no Melga.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Álex Varela: “Reforzámonos ben”

Desde a ambición competitiva e o instinto goleador emerxe Alejandro Varela Maceiras (Miño, 1998), coñecido como Álex Varela. Mediapunta de formación e dianteiro por determinación,

Artai: “Somos unha piña”

O atacante Artai Miraz Casal (Ferrol, 1997) é vertixe e determinación ao servizo do Meirás, onde afronta a súa segunda tempada. Formouse no Racing desde