TROFEO CONCELLO DE CARBALLO: Esta fin de semana

Todos os equipos galegos e un cántabro teñen confirmada a súa presenza no torneo que organiza o Club Ciclista Carballo Vázquez y Reino.

As inscricións para o Trofeo Concello de Carballo pecharon o mércores ás 23.00 horas, pero o Club Ciclista Carballo Vázquez y Reino xa ten confirmada a presenza de todos os equipos galegos para hoxe sábado 21. Polo tanto, a canteira do ciclismo galego ao completo estará en Carballo para participar na competición, que presentaron a presidenta do Club Ciclista, Vanesa Loureiro; os concelleiros de Deporte, Marcos Trigo, e Mobilidade, Juan Seoane, e o alcalde, Evencio Ferrero.

A presentación realizouse no Centro Social Escola de Arrabaldes, onde estará instalada a oficina permanente. A presidenta do Club Ciclista Carballo destacou que está confirmada a presenza tamén dun equipo cántabro con cinco corredores cadetes.

A proba de cadetes, que puntúa para a Copa Galicia de estrada da Federación Galega de Ciclismo, disputarase nun circuíto de 50,9 quilómetros polos concellos de Carballo e Coristanco.

O concelleiro de Mobilidade informou de que para facilitar o desenvolvemento da competición estará prohibido estacionar en todo o percorrido do circuíto urbano (avenida da Milagrosa e rúas Concordia, Montero Ríos, Salvador de Madariaga, Xílgaro, Emilio González López e Cemiterio Vello) dende as 14.00 ata as 21.00 horas de hoxe, aproximadamente, e tamén se producirán cortes de tráfico puntuais nas estradas polas que pasará o pelotón. Policía Local e Protección Civil de Carballo e Coristanco, Garda Civil de Tráfico, persoal de Moto Volta Galicia, así como voluntarios/as do Club Ciclista Carballo Placasa velarán pola seguridade de participantes e público.

Vanesa Loureiro agradeceu a colaboración das institucións, empresas e entidades que colaboran no desenvolvemento desta gran festa do ciclismo de base. Por parte do Concello, tanto o alcalde como o concelleiro de Deporte quixeron poñer en valor o traballo que vén desenvolvendo o Club Ciclista para fomentar o ciclismo dende a infancia, un traballo que Evencio Ferrero cualificou como “exemplar”.

Información e foto: Concello de Carballo

Compartir:

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on pinterest
Pinterest
Share on linkedin
LinkedIn

Novas relacionadas

BILLARDA: 8ª xornada

A oitava xornada da Conferencia Noroeste de Billarda celebrouse no campo de fútbol municipal do Pastoriza SCD. CATEGORÍA INFANTIL: 1º Kevin (APB – A Laracha).