Castro de Ribeiras de Lea acolleu o Aberto Galiña de Mos organizado por 12ª vez polo equipo de billarda Chaínzos – Cadaval.
Na categoría absoluta, Collazo do Campo da Feira de Paiosaco alzouse coa vitoria, quedando Daniel de Billardeiros Musicais de Ribadeo no segundo posto e no terceiro Roi de APB A Laracha.
Na clasificación feminina, a vencedora foi Paula do Chaínzos-Cadaval de Castro de Rei e na segunda posición quedou Dori de Billardeiros Musicais.
Na categoría infantil, o campión foi Valentín de Filloas de Sangue da Coruña, quedando Aroa de Billardeiros Musicais na segunda posición.
A entrega de premios estivo a cargo do alcalde do concello de Castro de Rei, Francisco Balado, e do concelleiro de deportes, Victor Carreira.
O día rematou cunha comida de confraternidade entre todos os equipos.