MONTEFARO ENDURO RACE: Os campións da proba foron Edgar Carballo e a júnior Cristina Menéndez

O tinerfeño Edgar Carballo, do Club Valdebicis e cun tempo de 19:43.222, e a asturiana júnior Cristina Menéndez, do Cuetos Bike e cunha marca de 24:46.482, proclamáronse vencedores do Montefaro Enduro Race, proba organizada polo club Pulpeiros Mugardos.

Os outros dous primeiros participantes masculinos que cruzaron a liña de meta foron o naronés Marco Veiga, de CiclosQuintena, que fixo un tempo de 20:11.727 e o ferrolán Kevin Méndez, do Club Rocasport Giant, que logrou unha marca de 20:24.242, mentres que as dúas participantes femininas que chegaron a meta despois de Cristina Menéndez foron a máster Anja Hovorka como independente e que fixo un tempo de 26:32.050 e a elite Elena Pérez do Club Ciclista On Bike que cruzou a meta cun rexistro de 27:15.054.

O percorrido tiña 38,87 quilómetros divididos en 6 tramos, cun desnivel positivo e negativo de 1.338 metros, 262 metros de altitude máxima, con preciosas vistas cara á Ría de Ferrol e na que máis de 200 ciclistas puideron gozar deste gran deporte.

A organización de Pulpeiros Mugardos foi impecable, coidando a contorna natural, tanto na elaboración do circuíto como na limpeza do mesmo ao finalizar a proba e brindando as maiores facilidades a todos os participantes do evento. Tamén merecen especial mención os Concellos de Mugardos e Ares polo apoio que prestaron ao club organizador, así como ás federacións galega e española de ciclismo.

O Montefaro Enduro Race foi a terceira proba da Copa de España BTT Enduro. A última proba foi a Puro Pirineo Enduro Race en Castejón de Sos o 12 de xuño.

ELITE MASCULINO:
1. Édgar Carballo (19:43.222)
2. Marco Veiga (20:11.727)
3. Kevin Méndez (20:24.242)

ELITE FEMININO:
1. Elena Pérez (27:15.054)
2. Gemma Chapela (30:15.178)
3. Covadonga González (32:03.164)

SUB-23 MASCULINO:
1. Nicolás Carrera (20:37.504)
2. Pau Costa (21:06.389)
3. Diego Menéndez (21:08.746)

SUB-23 FEMININO:
1. Alba Arias (27:17.946)
2. Laia Marimón (28:04.464)

JÚNIOR MASCULINO:
1. André Martínez (21:33.731)
2. Pau Olm (22:07.327)
3. Yeray Barral (22:53.520)

JÚNIOR FEMININO:
1. Cristina Menéndez (24:46.482)

MÁSTER 30:
1. Santos Lemos (20:52.840)
2. Javier Rodríguez (22:28.230)
3. Diego Fuertes (22:37.136)

MÁSTER 40:
1. José López (21:30.597)
2. Borja Caneiro (21:48.969)
3. Hugo Fernández (22:42.019)

MÁSTER 50:
1. José Galea (24:04.439)
2. Adolfo Gallego (24:18.145)
3. Víctor Atienza (24:19.233)

MÁSTER FEMININO:
1. Anja Hovorka (26:32.050)

EBIKE MASCULINO
1. Javier Fernández (21:06.562)
2. Alejandro Ledo (21:36.461)
3. David Pazos (21:59.564)

EBIKE FEMININO
1. Esther Torruella (34:05.114)
2. Cristina Mérida (36:28.098)

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas