BILLARDA: 16ª xornada

A última xornada da Liga Atlántica de Billarda na Conferencia Noroeste disputouse no polideportivo cuberto de Xermaña – Caión (A Laracha).

Esta fin de semana será a final na Porta Santa de Paiosaco para elixir ao campión da billarda nas respectivas categorías absoluta, feminina, infantil e por equipos de Galicia.

OS RESULTADOS FORON OS SEGUINTES 

Categoría absoluta: Venceu Juan Carlos do Campo da Feira de Paiosaco, con Lito da APB A Laracha segundo e Óscar García de Cochiqueiros de Cerceda.

Categoría feminina: A campioa foi Lu da Lúa de Forza de Sanxenxo, con Raquel de Cochiqueiros na segunda praza e Marisa da Lúa de Forza de terceira.

Categoría infantil: Valentín de Filloas de Sangue da Coruña gañou, mentres que Kevin da APB foi segundo e Aleixo de Cochiqueiros terceiro.

Categoría de equipos: Campo da Feira foron os campións, Lúa de Forza quedaron segundos e Cochiqueiros terceiros.

CAMPIÓNS DA TEMPADA

Categoría Absoluta: 1º Xan Rodiño (Lúa de Forza), 2º Xosé Collazo (Campo da Feira) e 3º Juan Carlos (Campo da Feira).

Categoría feminina: 1ª Mercedes (Campo da Feira), 2ª Delia (Chaínzos Cadaval de Castro de Rei) e 3ª Silvia (Cochiqueiros).

Equipos: 1º Campo da Feira, 2º APB e 3º Filloas de Sangue.

Infantil: 1º Abel (Campo da Feira), 2º Kevin (APB) e 3º Óscar García (Cochiqueiros).

Varados: 1º Juan Carlos (Campo da Feira), 2º Xosé Collazo (Campo da Feira) e 3º Xan Rodiño (Lúa de Forza).

Compartir:

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on pinterest
Pinterest
Share on linkedin
LinkedIn

Novas relacionadas

BILLARDA: 8ª xornada

A oitava xornada da Conferencia Noroeste de Billarda celebrouse no campo de fútbol municipal do Pastoriza SCD. CATEGORÍA INFANTIL: 1º Kevin (APB – A Laracha).