ULTRAMARATÓN BTT COSTA DA MORTE: Raúl Castrillo e Susana Alonso venceron

Emocionante final da primeira edición da Ultramaratón Costa da Morte, segunda cita puntuable da Copa de España BTT Ultramaratón (XCUM) que deparou cambios importantes na xeral provisional e onde os ciclistas que aspiren ao podio final desta competición non poderán baixar a garda nas dúas probas que restan se queren optar a medalla.

Cun impresionante percorrido de 150 quilómetros pola costa galega que dá nome á proba, espectacular á vez que moi esixente, partían esta mañá desde Carballo os case cen deportistas nas súas respectivas categorías.

O ciclista castelán-leonés, Raúl Castrillo, fíxose coa vitoria absoluta en Carballo tras unha emocionante chegada onde ata catro homes plantábanse nas rúas da localidade galega con posibilidades de triunfo, despois de 150 extenuantes quilómetros. Castrillo sería o máis rápido no esprint final, parando o crono en 6 horas 20 minutos e 55 segundos. Álvaro Nieto e o galego Brandan Márquez, por esta orde, seguían ao de Santo Domingo de Silos con só 4 segundos de diferenza, mentres que outro galego, Javier Bustos, facíao en cuarta posición, 7 segundos despois do flamante vencedor e novo líder da Copa de España XCUM.

Castrillo afirmaba tras a súa gran vitoria “sentirse moi contento. Ddespués de facer o esforzo de desprazarme desde moitos quilómetros hai que dar todo o que leva dentro na carreira, mesmo deixarse a pel se fai falta”. O flamante líder da Copa “non sabe se poderá defender o xersei vermello, xa que por cuestións laborais é probable que non poida asistir á próxima proba o 16 de xullo”. Sobre o percorrido, pareceulle especialmente duro pero moi bonito, “non estou afeito percorrer tantos quilómetros por unha costa tan bela como a galega”, afirmaba o exprofesional de estrada burgalés.

En mulleres, a veterana mosense Susana Alonso, volvía facer bo ese devandito popular galego que di “a que de nova bailou, de vella dalle un xeito” e facíase cun gran triunfo en Carballo que lle dá aínda opcións matemáticas de pelexar polo podio final desta edición da Copa, a pesar de non puntuar na primeira proba.

Alonso chegaba a meta cun tempo de 7 horas e 41 minutos, por diante da corredora asturiana Cristina Morán (+4’29”) e da súa compañeira de equipo Teresa Barreira (+22’35”). Na xeral elite mulleres máis emoción non se pode pedir. As asturianas Cristina Morán e Estefanía Gutiérrez, cuarta hoxe, colideran a xeral empatadas a 315 puntos pero a só 5 puntos axexa a galega Barreira co que a loita polo xersei vermello de lideresa está servido o próximo 16 de xullo en Ejulve (Teruel).

Susana comentou ao termo da proba “estar satisfeita con este triunfo en casa, ao que chegaba un pouco cansa despois das últimas probas onde competín. En canto ao desenvolvemento da carreira, sabía que había terreo suficiente e duro onde se podía facer dano e así o fixemos. Para arriba hei visto que podía sacar vantaxe sobre Cristina Morán con quen quedei soa na cabeza de carreira ata que puiden soltala definitivamente ata liña de meta, non sen certa agonía e moito esforzo”.

Sobre o percorrido Alonso, do mesmo xeito que case todos os participantes cos que tivemos ocasión de falar, confírmanos a dureza en xeral que tivo á vez que espectacular. “A pesar de estar a competir é imposible non levantar a cabeza nalgún momento e gozar con esas impresionantes vistas que hai nesta zona salpicada de costa, calas pero é mellor gozalo calquera fin de semana con máis tranquilidade”.

Info e fotos: Club Cilcista Monteneme: Roque Abeal e Rafa Carbonero

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas