BILLARDA: Final absoluta

A final celebrouse no campo da Porta Santa de Paiosaco, baixo un ceo chuvioso durante as primeiras horas da mañá e que despexou durante o transcurso da xornada, deixándonos un día idóneo para a final de billarda.

Na categoría absoluta, o vencedor da tempada foi Xan (Lúa de Forza), seguido por Riveiro (APB) e Abel (Campo da Feira).

Na categoría feminina, a gañadora foi Tania (Valpaços), con Bego (Corredoiras) na segunda posición e Antía (Gharaboto) na terceira.

En canto á categoría infantil, o vencedor da tempada foi Óscar (Cochiqueiros), mentres que Abel (Campo da Feira) ocupou a segunda praza e Valentín (Filloas de Sangue) o terceiro posto.

O equipo que venceu na final absoluta foi Corredoiras, con Gharaboto na segunda praza, Lúa de Forza na terceira posición, Campo da Feira na cuarta e APB na quinta.

Finalmente, en varados venceu Adri Pasto (Corredoiras), con Piru (Gharaboto) de segundo e Che (Rinoceronte) como terceiro.

O 2 de xullo celebrarase a “VII edición do Torneo das Cereixas”, organizado polo equipo Campo da Feira no aparcadoiro a carón do Agro Tusset ás 17:00.

 

 

 

Compartir:

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on pinterest
Pinterest
Share on linkedin
LinkedIn

Novas relacionadas

BILLARDA: 8ª xornada

A oitava xornada da Conferencia Noroeste de Billarda celebrouse no campo de fútbol municipal do Pastoriza SCD. CATEGORÍA INFANTIL: 1º Kevin (APB – A Laracha).