A primeira xornada da tempada 2022/23 da billarda comezou no campo de fútbol Ponte dos Brozos de Arteixo.
Despois do parón de verán, onde a billarda puido celebrou eventos en Betanzos, Labañou, Pardiñas, Castroverde ou Ponteceso, a nova tempada comezou coa primeira xornada da Liga Atlántica de Billarda (Zona Noroeste) 2022-2023, onde os equipos luciron moitos cambios no seu persoal con fichaxes coma por exemplo o de Xosé Collazo pola APB A Laracha.
Na categoría feminina venceu Lucía da Lúa de Forza de Sanxenxo, con Raquel do Cochiqueiros de Cerceda no segundo posto e Mercedes da APB A Laracha na terceira posición.
Kevin, da APB, foi o gañador da categoría infantil, mentres que Aleixo de Cochiqueiros e Roi da APB, ocuparon a segunda e terceira posición respectivamente.
Na categoría absoluta, Lito da APB foi o campión, Xosé Collazo, tamén da APB, foi segundo e José Gándara do Filloas de Sangue da Coruña ocupou a terceira praza.
APB foi o equipo vencedor da xornada, mentres que a segunda posición foi para Campo da Feira de Paiosaco e o terceiro posto para Lúa de Forza.