VI BTT CIDADE DE NARÓN: Preto de 300 ciclistas participarán este domingo

A sexta edición da BTT Cidade de Narón reunirá este domingo na cidade a un total de 285 participantes que percorrerán un tramo de 42 quilómetros no percorrido máis longo e 30 en distancia curta. O Concello e o Club Ciclista Narón organizan esta convocatoria, que conta coa colaboración da Federación Ciclismo Galego.

O edil de Deportes, José Oreona, destacou “a excelente acollida que tivo unha vez máis este evento deportivo na cidade”.

A saída desta proba, na que participarán tanto ciclistas federados como non federados, terá lugar ás 9.30 horas das inmediacións do Centro Comercial Odeón e a meta instalarase no pavillón polideportivo municipal da Gándara. As categorías convocadas para esta proba deportiva son as de cadete, cadete feminino, cicloturismo, elite, elite feminino, elite UCI, junior, junior feminino, máster 30, máster 30 feminino, máster 40, máster 40 feminino, máster 50, máster 50 feminino, master 60, master 60 feminino, sub 23 e sub 23 feminino.

A finalización deste evento deportivo está prevista para as 13.00 horas, tal e como indicaron dende a organización.

Información e fotos: Concello de Narón

 

Compartir:

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on pinterest
Pinterest
Share on linkedin
LinkedIn

Novas relacionadas

BILLARDA: 8ª xornada

A oitava xornada da Conferencia Noroeste de Billarda celebrouse no campo de fútbol municipal do Pastoriza SCD. CATEGORÍA INFANTIL: 1º Kevin (APB – A Laracha).