A segunda xornada da Liga Atlántica de Billarda celebrouse no pavillón municipal de Laxe, xa que por motivos do mal tempo na zona, decidiuse por xogar baixo cuberto.
As clasificaciones foron:
Equipos:
1º Campo da Feira – Paiosaco.
2º Lúa de Forza – Sanxenxo.
3º APB – A Laracha.
Feminino:
1ª Raquel (Cochiqueiros-Cerceda).
2ª Marisa(Lúa de Forza).
3ª Sonia(Cochiqueiros).
Categoría absoluta:
1º Óscar Ponte(Campo da Feira).
2º Carolo (Lúa de Forza).
3º Bieito(APB A Laracha).
Categoría infantil:
1º Kevin (APB A Laracha).
2º Valentín (Filloas de Sangue – A Coruña).
3º Virgi (Filloas de Sangue).
Os participantes mostraron o seu agradecemento ao Concello de Laxe e á súa Concellaría de Deportes pola disposición das súas instalacións deportivas, así como a doación de trofeos para todas as categorías.
Ao final da xornada houbo agasallo por cortesía de Aurelia do Campo da Feira a base de roscas de licor café.