JUNE MORENO: Prata na Supercopa Junior de Valencia

A pasada fin de semana disputouse en Valencia a Supercopa de España Junior, onde o club AD Judo Ferrolterra desprazouse cos judocas Javier Sánchez e June Moreno.

Era a primeira competición de ambos nunha nova categoría, pasaban de Cadetes a Junior.

June Moreno, competía en -78 kg nunha liga de 5 Judocas, gañando por ippon tres dos seus catro combates, perdendo soamente con Aitana Sala de Valencia nunha decisión arbitral. Pola súa banda, Javier Sánchez, en -66 kg, perdía no seu primeiro encontro co judoca de Madrid, Daniel Martín e non tivo opción á repesca.

Cos resultados desta competición, June Moreno segue liderando a clasificación junior de Copas de España, despois de gañar en Ourense e sendo prata en Valencia.

Ambos os judocas estiveron acompañados e dirixidos polo seu adestrador Alberto Castro.

A próxima saída do club será a próxima fin de semana á Copa de España de Suances, coas categorías Infantil e Cadete.

Info e imaxes: AD Judo Ferrolterra

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

O Parrulo vence e convence

Primeiros tres puntos para O Parrulo tras vencer no pavillón da Malata ao UD Ibiza por 6-2 na segunda xornada da Segunda División Futsal. Bonito

Manu Méndez, lenda do Balonmán Xiria

“Un xogador diferente e especial”. Así poderíase definir ao que agora pasa a ser unha lenda do Balonmán Xiria, Manuel Méndez Cabeza, “Manu” (Carballo, 1989),