BILLARDA: 7ª xornada

Eirís acolleu a sétima xornada da liga Atlántica de Billarda que nun principio ía celebrarse en Carballo e por motivos da pandemia, finalmente disputouse no campo de Eirís (A Coruña).

Os resultados da sétima xornada foron os seguintes:

Categoría Absoluta: O campión da xornada foi José Gándara de Filloas de Sangue da Coruña, con Charli Varela do Campo da Feira de Paiosaco na segunda posición e Xulio Ponte, tamén do Campo da Feira, na terceira praza.

Categoría Feminina: A primeira posición foi para Raquel de Cochiqueiros de Cerceda, seguida por Isa do Campo da Feira e na terceira posición Sonia, tamén do equipo Cochiqueiros.

Categoría Infantil: O equipo APB da Laracha dominou nesta categoría con Kevin como campión e Roy como subcampión, sendo Ancor do Filloas de Sangue o terceiro clasificado.

Categoría Equipos: O equipo vencedor da xornada foi Filloas de Sangue, seguido polo Campo da Feira na segunda praza e Chaínzos Cadaval de Castro de Rei como terceiros.

A oitava xornada da liga Atlántica de Billarda Conferencia Noroeste disputarase o 23 de Xaneiro en Sada.

 

 

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

O Parrulo vence e convence

Primeiros tres puntos para O Parrulo tras vencer no pavillón da Malata ao UD Ibiza por 6-2 na segunda xornada da Segunda División Futsal. Bonito

Manu Méndez, lenda do Balonmán Xiria

“Un xogador diferente e especial”. Así poderíase definir ao que agora pasa a ser unha lenda do Balonmán Xiria, Manuel Méndez Cabeza, “Manu” (Carballo, 1989),