BILLARDA: A Supercopa foi un éxito

Ás 17:00 horas do sábado 26 de marzo, a Supercopa disputouse e deixou moi boas sensacións.

O bo tempo acompañou a un día espléndido para practicar a billarda, e en especial, a Supercopa. Os participantes deron todo por ofrecer un espectáculo que deleitaba a todos os afeccionados que se achegaron ao campo. Deste modo, Xián de Lúa de Forza de Sanxenxo, Alberte de Cochiqueiros de Cerceda, Cotelo de APB da Laracha, Sonia de Cochiqueiros e Tania de Valpaços Terra Quente de Vigo quedaron eliminados no primer encontro. Nas seminifinais, Manu Pozo de Billardeiros Musicais de Ribadeo, Ricoy de Lúa de Forza e Collazo de Campo da Feira de Paiosaco perderon e  na final, Che de Rinoceronte de Pontevedra foi o vencedor do torneo, completando o podio Xan Rodiño de Lúa de Forza e Ricar de Corredoiras Bueu.

Unha vez finalizada a Supercopa de Billarda xogouse o Torneo de Primavera que xuntou a cerca de 40 persoas. A xente estaba cobizosa por gozar do campo de billarda especialmente montado para a retransmisión deportiva. Bego, de Corredoiras, gañou o Torneo, por diante de Berdillo e Collazo.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

O Parrulo vence e convence

Primeiros tres puntos para O Parrulo tras vencer no pavillón da Malata ao UD Ibiza por 6-2 na segunda xornada da Segunda División Futsal. Bonito

Manu Méndez, lenda do Balonmán Xiria

“Un xogador diferente e especial”. Así poderíase definir ao que agora pasa a ser unha lenda do Balonmán Xiria, Manuel Méndez Cabeza, “Manu” (Carballo, 1989),