O campo de Pontoxo – As Encrobas (Cerceda) foi o escenario do VIII Aberto de billarda en homenaxe a Moncho Valcarce e o equipo Cochiqueiros de Cerceda foi o encargado de organizar o evento e que resultou un éxito.
O evento disputouse cunha bo día en que o tempo acompañou e no que palanadores dos catro equipos da Conferencia Noroeste, máis a xente que chegou das Rías Baixas, Santiago de Compostela e un compañeiro das Illas Canarias, Luis Tomas, máis concretamente da Illa de Lanzarote (Tahiche).
CATEGORÍA ABSOLUTA: Abel Regueiro de Cochiqueiros de Cerceda foi o campión, mentres que Óscar Ponte do Campo da Feira de Paiosaco ocupou a segunda praza e Xosé Collazo, do mesmo equipo, foi o terceiro clasificado.
CATEGORÍA FEMININA: Marisa, da Lúa de Forza de Sanxenxo, foi a campioa, Isa do Campo da Feira logrou a segunda posición, mentres que a terceira praza foi para Auri, tamén do Campo da Feira.
CATEGORÍA INFANTIL: Abel, do Campo da Feira, alzouse coa vitoria, seguido por Valentín de Filloas de Sangue da Coruña e de Kevin da APB A Laracha.
Os participantes da categoría infantil recibiron agasallos e ao remate da entrega de premios, diante do busto de Moncho Valcarce, rematou o evento escoitando a «Cantiga das Encrobas», que popularizara o grupo galego Fuxan os Ventos.