Fabián Domínguez Gesto, un palmarés que non deixa de medrar

Hai tiradores que compiten e outros que deixan pegada. En Dumbría, o nome de Fabián Domínguez Gesto xa forma parte desa historia escrita a base de precisión, paciencia e moitas horas diante do prato. Esta tempada volveu demostrar que o seu pulso segue intacto. Fabián quedou este ano como dobre campión provincial, subcampión da Copa […]

Hugo López e Alejandra Álvarez, campións en Cantabria

A pasada fin de semana, o Palacio dos Deportes de Santander acolleu unha nova edición da Supercopa de España de Cantabria de judo, nas categorías infantil e cadete, onde a AD Judo Ferrolterra iniciou a tempada con moi boas sensacións, logrando resultados destacados e, sobre todo, dous triunfos nas categorías cadete e infantil. Na xornada […]

O Parrulo roza a vitoria nun duelo de máxima intensidade sen premio goleador

O conxunto ferrolán dominou boa parte do encontro e dispuxo de claras ocasións para levar os tres puntos, pero a falta de acerto e as grandes actuacións dos porteiros impediron que se movese o marcador. O Parrulo Ferrol afrontaba a cuarta xornada de liga recibindo na casa o Viña Albali Valdepeñas. Os ferroláns chegaban a […]

Dani Rodríguez: “O tempo que fixen foi unha sorpresa, tardei días en asimilalo”

Dani Rodríguez converteu un soño deportivo nun reto solidario. O pontecesán completou este verán do tirón e sen parar, os 203 quilómetros do Camiño dos Faros ata Fisterra en 33 horas e 24 minutos, a segunda mellor marca histórica da proba. Tras a retirada do seu compañeiro, o corcubionés Iago Dosil, por unha lesión nunha […]

Markel: “Sentinme moi integrado desde o primeiro día”

Markel Muñoz Heras (Bilbao, 2007) afronta unha etapa no Escola Lubiáns, ao que chegou este verán tras tres tempadas no Liceo. Deu os seus primeiros pasos no Colexio Urdaneta e logo no Gatikako Iusturi. Destaca pola súa habilidade técnica, capaz de superar rivais en espazos reducidos, pola súa visión de xogo, e pola madurez no […]

Paula Mouzo: “Non hai unha xogadora concreta que me inspire, senón a paixón polo fútbol e a alegría de ver que as rapazas teñen un equipo feminino no que xogar”

Paula Mouzo Mas (Camariñas, 1986) é unha dianteira de carácter, paixón e gol, unha futbolista que leva catro campañas deixando a súa pegada no Escola Juan Cabrejo, onde porta o brazalete de capitá e defende o escudo do seu club converténdose nunha referencia imprescindible. Paula pelexa cada balón coma se fose o último, non baixa […]

Bruno Romero: “Loitar polas cores do teu pobo sempre é un orgullo”

Bruno Romero Silva (Fisterra, 1994), regresou esta tempada á casa para volver vestir a camisola do Fisterra, club no que xa militara en campañas anteriores. Dianteiro de raza, leva no ADN o gol e percorreu o fútbol da nosa Costa en equipos de renome como o Cee, Soneira, Lira, Dumbría e Porteño. Bruno é un […]