BRAIS, DANI E JAIRO: Xenes da Costa no Dépor de Champions

Os xenes da Costa quedarán no recordo do histórico encontro da terceira rolda da UEFA Youth League xuvenil co Real Club Deportivo da Coruña como protagonista no estadio de Abanca Riazor con motivo do enfrontamento fronte ao Dínamo de Kiev, de Ucrania.

Ocorreu o 9 de febreiro do 2022 e fronte a 20.115 espectadores que puideron ver evolucionar ao meta Brais e ao centrocampista Jairo, ambos de Corme, e ao central Dani Barcia, de Cabana. Os tres tiveron unha actuación sobresaliente. O encontro concluíu con empate (2-2), polo que se decidiu o pase a oitavos de final na quenda de penaltis, co resultado de 2-3.

Brais Suárez Corral, que foi o capitán, Jairo Noriega, e Dani Barcia brillaron de forma moi especial nun equipo, que baixo a dirección de Manuel Pablo, encandeou á afección. Pero a laxa de quedar con 10 no minuto 36 marcou o encontro nunha desproporcionada decisión do colexiado portugués Antonio Nobre.

O marcador moveuse así: 1-0, min 4: Mario Nájera; 1-1, min 6: Antón Tsarenko; 2-1, min 25: Rubén López (Min 36: vermella Rubén López); 2-2, min 72: Yatsyk.

Quenda de penaltis: 1-0, Martín Ochoa;1-1, Popov; Víctor Guerra, para Ihnatenko; Diallo, para Brais Suárez; 2-1, Diego Gómez ; 2-2, O Khamlichi; Dani Barcia, para Ihnatenko; 2-3, Vivcharenko, e Juan Rodríguez, ao traveseiro.

QUEN SON BRAIS, DANI BARCIA E JAIRO?

Son produto da canteira do conxunto herculino, xa que cada un dos tres levan once tempadas defendendo ese escudo e esa camiseta desde a época de benxamín. As súas raíces na Costa da Morte confírelles un carácter especial, fiel reflexo do fútbol que alí se practica.

O meta Brais Suárez Corral (Corme, 2003), de 1.91 metros de estatura, disputou os 90 minutos do encontro e erixiuse na figura do encontro. As súas intervencións foron de todos os estilos, mostrando seguridade e fortaleza nunha das demarcacións máis complicadas, como é a de porteiro. Nos dous tantos encaixados nada puido facer e mesmo parou un penalti nos lanzamentos. Cada intervención do porteiro espertou admiración entre os afeccionados, que premiaron ao cormelán con ovación tras ovación. Ao quedar con dez o Dépor no minuto 36 fixo que a súa presenza alongásese no terreo de xogo en beneficio do equipo. Brais comezou a xogar no Victoria CF en prebenxamín, no que estivo dúas tempadas. E desde alevíns e ata o de agora xoga no Deportivo.

O central Dani Barcia Rama (Cabana, 2003), cunha estatura de 1.86 metros, volveu exhibir unha excelente sobriedade no centro da zaga. A súa zurda atesoura unha gran calidade, ademais na súa actuación aderezouna con anticipación sempre ao seu par, tocou con soltura o esférico e moveuse pola zaga con criterio. Sempre estivo ben posicionado e atento a calquera contraataque do rival. A súa presenza dá esa seguridade que os seus compañeiros de equipo sempre agradecen. Nunca falla, é como un reloxo de precisión que vai marcando as horas irremisiblemente. Dani Barcia comezou a xogar no San Pedro de Nós, na categoría prebenxamín, clube co que estivo dúas campañas, para vincularse desde alevín co Dépor e ata a data.

O centrocampista Jairo Noriega Figueroa (Corme, 2003), de 1.85 metros de estatura, expuxo os quilates que leva nas súas botas e así quedaron reflectidos sobre o terreo de xogo durante os 90 minutos. Saltou ao campo cunha aparatosa vendaxe na súa perna esquerda. As lesións están a lastrar a súa evolución. Aínda así, foi o canalizador do fútbol do equipo. Sempre fixo o “fácil”, iso que tan complicado é poñer en práctica. Recibir, tocar e pasar rápido o balón. Buscou ser sempre o apoio dos seus compañeiros e co balón nos pés desenvolveuse con soltura buscando a seguridade no pase, e a calidade quedou contrastada coa técnica individual que posúe. Jairo Noriega comezou a xogar na categoría de benxamín no clube Calasanz.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Trofeos Bisbarra en xogo 2024/25

Unha tempada máis, Bisbarra en xogo xunto a varios dos nosos patrocinadores, anunciamos os trofeos que entregaremos ao final da presente campaña. EDICIÓN BERGANTIÑOS, ARTEIXO,