Despois de cinco anos e ao cumprirse, ao finalizar a presente tempada 2021-2022, o 50º aniversario da fundación da SCRD Esteirana, sairá á rúa un libro que recompila toda a historia do club. O seu coordinador, Diego Mayo Mayo (Esteiro-Muros, 1949) estivo a traballar intensamente para que este proxecto sexa unha realidade.
Para iso empapouse de hemerotecas, consultou a Moncho Torres, autor do libro “De Esteiro Fútbol Club a SCRD Esteirana” editado no ano 2006, así como contactou cun importante número de persoas. Así mesmo é o coordinador dun grupo de traballo, colectivo Aestuarium, integrado por Nicolás Torea, Moncho Torres, Paco Caamaño, José Manuel Mirás, Ricolo, Manuel Figueiras “Caamaño” e Manolo Ferrolán.
A publicación, baixo o título “Sociedade, Cultural, Recreativa e Deportiva Esteirana MCMLXXI”, de Aestuarium, recolle datos desde o ano 1915 ata 2022. Nos seus máis de 300 páxinas quedan plasmadas 55 gráficos estatísticos, máis de 350 fotografías, 481 documentos hemerotéticos e todo baseado en 39 fontes documentais. Así se poderán comprobar que hai un presidente de honra, 10 presidentes ao longo deses 50º anos, ademais de comprobar que houbo 18 vicepresidentes, 17 secretarios, 3 vicepresidentes, 10 tesoureiros, 2 vicetesoureiros, 3 contadores, 110 vocais, 48 adestradores e 587 xogadores, que, dalgunha forma, foron plasmando a vida da entidade.
Diego Mayo Mayo, natural da aldea de Solleiros (Esteiro) xogou de lateral destro e central na Esteirana. Comezou no ano 1968 e estivo ata a tempada 1971-1972, aínda que tamén disputou unha campaña na UD Carnota (74-75). Foi mestre desde 1974 a 2018 en centros de Carnota, Portomouro, Val do Dubra e Santiago. Comezou como mestre xeneralista e despois especializouse en educación física (1986-1987). O coordinador do libro presume de ser o último capitán do Esteiro FC, na campaña 1971-1972, xa que despois pasou a chamarse SCRD Esteirana e entrou a competir na Liga da Costa (72-73).
A súa vinculación co fútbol seguiu como adestrador de conxuntos como Lariño SD (78-79), Freixo FC (81-82), SD Dubra (82-83), SD Esteirana (86-87) e CF Portomouro (05-06). Así mesmo foi técnico do xuvenil da SD Esteirana (73-74) e foi recoñecido pola Real Federación Galega de Fútbol “adestrador de honra” da SCRD Esteirana en maio do 2021. Baseándose no libro de Moncho Torres, Diego Mayo consultou despois as hemerotecas da Cidade da Cultura, en Santiago, de Fonseca da Universidade e a biblioteca pública da Coruña. Tamén “La Voz de Galicia” e o “Ideal Gallego” foron diarios referentes nesa recompilación de datos, así como “El Correo Gallego”, “Riazor”, “Deporte Campeón” e “Dépor Sport”.
Diego Mayo recoñece: “O máis complexo foi completar as diferentes persoais, cos seus alcumes, ao longo dous cincuenta anos de historia. Confirmar fotos e indagar algúns nomes que so coñecíase polo alcume. Non podemos esquecer que a Esteirana non tiña documentación e a nivel federativo tampouco”.
Na historia da SCRD Esteirana hai tres títulos de liga (77-78, 12-13 e 17-18) e dúas Copa da Costa (74-75 e 18-19), ademais de ser finalista en dúas oportunidades máis, nas que caeu fronte ao Noia (73-74) e Outes (76-77). Tamén, aínda que de forma oficiosa, conquistou a Copa Ría de Muros de fútbol en dous das catro edicións que se disputou, anos 1968 e 1971, é dicir, a primeira e a última edición de citada competición. Precisamente, esa Copa foi o xerme de que a SCRD Esteirana federárase (71-72), do mesmo xeito que UD Carnota (69-70), Campo de Noia que daría despois ao Noia CF (71-72), Industrial de Noia, que xogaría na Liga do Sar.
O que se pretendeu, desde un primeiro momento, Diego Mayo é que “O libro fose didáctico. Todo comezou non campo O Artón, lugar onde se poñían as redes e onde desembocaba o río, de onde descubrín que ven ese nome, e non como se cría do lugar onde estendíanse as redes”. Entre os datos que foi recompilando Diego Mayo di: “A Esteirana xogou sete tempadas en Primeira Rexional, 29 en Segunda e 14 en Terceira. O que supón máis de 1.500 partidos que se computan en liga, Copa e tamén campionatos de afeccionados”.