O Calvo Artai vence ao CB Laracha na primeira xornada da Segunda División Masculina cun resultado de 52-64.
Partido disputado de inicio con poucos puntos no que Laracha colle unha mínima vantaxe ao empezar o encontro. Conseguen, con esforzo, gañar finalmente o cuarto os carballeses por un único punto (12-13). A dinámica do segundo cuarto é a mesma, aínda que ben é verdade que os xogadores de Roi Vega aumentan a intensidade en defensa e en ataque a circulación do balón faise con máis fluidez. Parece que desaparecen os nervios iniciais. Laracha intercala defensa individual con zona. Cun parcial de 12-14 chégase ao descansado cun axustado 24-27. Destacar que xa estiveron en pista os 12 convocados, entre eles Antón en idade júnior. Antón e Xabi, os dous irmáns, chegan a coincidir en pista.
A segunda parte arrinca con moi boas intencións, cunha defensa moi seria e por fin con ataques máis rápidos, aínda que é certo negados no lanzamento exterior. Na segunda parte do terceiro cuarto é cando aparece o acerto na liña exterior que fora case nula o que permite lograr un parcial de 9-18. O último cuarto é un pouco máis tranquilo e sempre controlando a distancia no marcador, é igualado en tanteo 19-19 co resultado final de +12 (52-64).
CB LARACHA M3, 52- CALVO ARTAI, 64
CALVO ARTAI (13+14+18+19): Manu Rey 17, Xabi 13, Tato 10, Fran 10, Iago 5, Manu Argüelles 4, Manu Pereira 2, Cebral 2, Fer 1, Jorge -, Souto – e Antón -.
INCIDENCIAS: Primeiro partido de liga para ambos os equipos, cun derbi xogado na tarde do sábado no pavillón da Laracha. Debut de Roi Vega no banco colexial e primeira vitoria para os carballeses. En canto ao partido, foi o partido típico de inicio de tempada no que vemos pinceladas do que que quere ser o Calvo Artai pero ao que aínda lle faltan sesións de adestramento para engraxar e ensamblar ben a maquinaria.
Foto e información: Calvo Artai.