CB ARTAI: Convocatorias das preseleccións galegas

O xogador Mateo Cambón Domínguez e o adestrador Roi Vega Torreira, foron convocados ás preseleccións galegas.

Mateo Cambón Domínguez, do equipo de Artai, Turismo Carballo, foi seleccionado para acudir coa Preselección Galega en categoría Cadete Masculina á concentración que terá lugar en Marín os días 31 de outubro e 1 de novembro (domingo e luns) na Residencia San Narciso. Todos os xogadores convocados están citados ás 09:30 hrs. no Pavillón da Raña . Os adestramentos serán de 10:00h a 12:00h e de 16:00 a 18:00h os dous días. A concentración rematará ás 18:30 horas do luns dia 1 de novembro.

Tamén terá concentración pero neste caso como adestrador da preselección galega cadete femenina o adestrador do club, Roi Vega Torreira. Será a mesma sede e os mesmos días que Mateo.

Fotos e información: Club Baloncesto Artai.

 

Compartir:

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on pinterest
Pinterest
Share on linkedin
LinkedIn

Novas relacionadas

BILLARDA: 8ª xornada

A oitava xornada da Conferencia Noroeste de Billarda celebrouse no campo de fútbol municipal do Pastoriza SCD. CATEGORÍA INFANTIL: 1º Kevin (APB – A Laracha).