CALVO BASKET XIRIA: Renovación de Alex Iglesias

O aleiro ourensán renova nesta a súa segunda tempada en Carballo. Teremos a sorte de ver a Alex novamente en Carballo, desenvolver o seu xogo intenso.

Alex Iglesias Fernández (Ourense · 2001), será a segunda tempada xogando en Carballo (primeira na Liga EBA) para o aleiro ourensán. Con só 21 anos e cunha ampla traxectoria deportiva nas filas dos Bosco Salesianos Ourense, Alex deu o salto ao conxunto de Basket Xiria a tempada pasada e proclamouse subcampión da 1ª Div. Masculina, dando lugar a que o Calvo Basket Xiria ascendese e ocupase actualmente unha praza na Conferencia A – Grupo B da Liga EBA.

Alex é un aleiro alto (1,94cm), cunha ampla experiencia en Ligas Autonómicas e que de seguro será unha peza importante neste regreso á Liga EBA de Basket Xiria. A tempada pasado xogou 23 partidos, cunha media de 25 min. e 11 puntos por partidos, sendo un dos destacados do equipo dirixido por Héctor Méndez. Ademais é un xogador intelixente cunha boa visión de xogo e que xa comezou a dar os seus primeiros pasos coma adestrador nas Seleccións Autonómicas da Federación Galega de Baloncesto.

TRAXECTORIA DEPORTIVA:

Xogador CALVO BASKET XIRIA (Autonómica + Liga EBA).
Escola Basket Xiria. Dende Tempada 2021/22 e actual – 2 anos.

Xogador de Bosco Salesianos Ourense.
Colexio Bosco Salesianos. Dende Tempada 2007 ata 2020/21.

Info e foto: Escola Basket Xiria

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas