Onte día 20 de decembro celebrouse o Campo a través escolar – Fase local de Bergantiños – Comarca de Bergantiños, organizado polo Concello de Carballo en colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte.
A organización valora moi positivamente os resultados obtidos, unha vez que o tempo permitiu utilizar o especatacular percorrido montado na zona verde do polígono industrial de Bértoa no que houbo que realizar moitos preparativos polas choivas caídas na xornada do martes e sorprendeu a capacidade dos deportistas para adaptarse ó mesmo. Estaban inscritos 1124 alumnas e alumnos de doce centros de ensino, completando finalemente as carreiras 758 deportistas dos seguintes 10 centros de ensino dos concellos de Carballo, Coristanco, A Laracha e Malpica:
Carballo: CEIP A Cristina, CEIP Bergantiños, CEIP Canosa Rus, CEIP Fogar, CEIP Gándara Sofán, CEIP Nétoma Razo e CEIP Xesús San Luís Romero.
Coristanco: CPI Alcalde Xosé Pichel e CEIP Bormoio Agualada
A Laracha: CEIP Ramón Otero Pedrayo
Malpica: IES Urbano Lugrís
Os resultados foron os seguintes:
Categoría benxamín feminina:
Noa Lema Fernández (CEIP A Cristina)
Sabela Castro Vázquez (CEIP Gándara-Sofán)
Yesslynn Gutiérez Iglesias (CEIP Bergantiños)
Benxamín masculino:
Gael Méndez Abelenda (CEIP A Cristina)
Hugo Castro Lado (CEIP A Cristina)
Brais Bardanca Mallón (CEIP Bergantiños)
Alevín feminino:
Paula Gallego Martínez (CEIP Ramón Otero Pedrayo)
Julia García Remuiñán (CEIP A Cristina)
Iris Rodríguez Martínez (CEIP Bergantiños)
Alevín masculino:
Lois Villar Castro (CPI Alcalde Xosé Pichel)
Jaime García Soneira (CEIP Bergantiños)
Enzo Pose Bértoa (CEIP Ramón Otero Pedrayo)
Infantil feminino:
Shaila Rodríguez Rodríguez (CEIP Ramón Otero Pedrayo)
Cayetana Rodríguez Facal (CEIP Fogar)
Noa Cabezas Martínez (CEIP Ramón Otero Pedrayo)
Infantil masculino:
Hugo García Remuiñán (CEIP A Cristina)
Mateo Pallas Cebral (CEIP Gándara-Sofán)
Iker Romay García (CEIP Bergantiños)
Cadete feminino:
Mónica Neira Villar (IES Urbano Lugrís)
Mariña Díaz García (IES Urbano Lugrís)
Sabina Mimbrena Garrido (IES Urbano Lugrís)
Cadete masculino:
Roi Soto Suárez (IES Urbano Lugrís)
Adrián Pastoriza Blanco (IES Urbano Lugrís)
Daniel Rodríguez Veiga (IES Urbano Lugrís)
Información e imaxes: Concello de Carballo