A lanzadora de peso Xiana Lago Andrade (Cee, 2000) está a vivir o seu mellor momento da súa traxectoria deportiva.
Este ano 2023 está demostrando unha gran progresión. Así a ceense, de 18 anos e que compite baixo a bandeira do Club Ría Ferrol desde o 2019, mostra a súa continua progresión en cada cita que acode.
En xaneiro, concretamente o día 7 do presente ano e con motivo do campionato galego por clubs, a deportista lanzou a bóla de peso a 13.06 metros nas instalacións de Expourense, un lugar que xa comeza a ser habitual para a competidora nestes anos. No mesmo mes, pero o día 21, Xiana acudiu ao campionato absoluto de Galicia e marcar que realizou de 13.42 metros. Xa en febreiro, e coa cita do campionato de Galicia Sub-20, a ceense seguiu mostrando o seu gran momento de forma. O seu mellor lanzamento foi de 13.23 metros.
Xiana está desde decembro do 2019 no Centro Galgo de Tecnificación Deportiva, e baixo as directrices do hispano-cubano Frank Casañas Hernández. Despois das súas destacadas actuacións nos diferentes campionatos autonómicos, a ceense acudiu ao campionato de España Sub-20, que tivo lugar os días 4 e 5 de marzo en Sabadell. Alí, a deportista conseguiu mellorar o seu mellor rexistro, polo que é o récord persoal, ao lanzar 13.48 metros, polo que se proclamou subcampioa de España. Esa boa actuación fixo que a Real Federación Española de Atletismo convocásea para o Encontro Internacional en pista cuberta en Liévin (Francia), que tivo lugar o pasado 11 de mazo.
O gran estado de forma que está a atravesar a lanzadora ceense fai pensar que este ano 2023 vai marcar moito na súa destacada traxectoria, polo que se espera con moito interese os próximos meses e esa gran evolución que non para de crecer.