II TRAIL MOSTEIRO DE SOANDRES: Celebrarase o 22 de xaneiro

O Concello e o Club Laracha en Dúas Rodas organizan a segunda edición do trail Mosteiro de Soandres que se vai celebrar o día 22 de xaneiro.

O evento foi presentado polo alcalde, José Manuel López Varela, a concelleira de Deportes, Patricia Bello, o técnico de deportes municipal, Miguel Barbeito, e por Anxo García e Carlos Amado, que deseñaron os percorridos xunto a Abel Matos.

A proba constará de tres modalidades diferentes co propósito de ofrecer a posibilidade de participar a un maior número de persoas adaptándose as características de cada unha delas.

Así, o evento principal será o trail de 27 km de distancia, un percorrido lineal rápido, de mil metros de desnivel positivo que partirá desde o mosteiro de Soandres e discorrerá por fermosos espazos naturais xunto a elementos arqueolóxicos como os fornos dos mouros e a pedra da Cabirta e, a parte final, a carón do río Anllóns ata chegar á praza Les Sables d’Olonne da Laracha.

Para o caso do mini trail e tamén a andaina, o percorrido será reducido, de 13 km e un desnivel positivo de 600 metros.

Dado que a saída e a meta se atoparán en puntos diferentes, a organización porá a disposición dos participantes transporte en autobús desde a praza Les Sables d’Olonne da Laracha ata o mosteiro de Soandres antes do inicio da competición. Ao rematar, serviranse callos aos competidores.

A inscrición xa está aberta e debe realizarse en liña en https://magmasports.es/es/evento/mosteiro-de-soandres-2023.

Na primeira edición do trail houbo catrocentos corredores. Nesta ocasión agárdase superar esa cifra entre as tres modalidades da proba.

Info e imaxes: Concello da Laracha

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

BILLARDA: 14ª xornada

A 14ª xornada da Liga Atlántica de Billarda celebrouse na contorna do museo MELGA en Ponteceso. ABSOLUTA: 1º Roi (APB A Laracha). 2º Marco (Cochiqueiros