Carlos Loureiro: “O obxectivo ten que ser, sen ningún tipo de dúbida, o ascenso”

Entrevistamos a Carlos Loureiro, o novo adestrador do Escola Lubiáns, que comparte a súa visión para esta tempada na que arrincaron con vitoria en casa por 5-3 ante o AC Ordes cos tantos de Danilo, Marcos Martínez e hat-trick de Eudald Cañete, e empate a domicilio por 3-3 co CH Compostela con goles de Naveira e dobrete de Danilo.

Como xurdiu o teu regreso á dirección técnica do Escola Lubiáns?
Desde que marchei, sempre mantiven unha excelente relación con membros do club, incluíndo xogadores. Cando o equipo ascendeu a OK Prata, tiven a opción de volver, pero por motivos persoais non o puiden aceptar. Vivín a tempada como un seguidor máis, e, ao rematar, chegamos a un acordo para que me reincorporase e axudase a devolver o equipo á OK Prata.

Que valoración fas do actual cadro de xogadores?
Optamos pola continuidade, non fixemos cambios drásticos despois do descenso. Renovamos a maioría dos xogadores da OK Prata e só fichamos a Xoel, un novo porteiro procedente do Órdenes. Contamos cun plantel amplo, o que nos permitirá afrontar a tempada con máis tranquilidade respecto ás lesións, aínda que teremos que facer descartes semanais.

Cales son os obxectivos do Escola Lubiáns na OK Liga Bronce?
O noso obxectivo principal é claro: o ascenso. Temos xogadores que rexeitaron ofertas doutros clubs para quedarse e loitar por este obxectivo. Sabemos que será unha tempada dura, con rivais fortes como o Real Club Jolaseta de Vizcaia, pero temos o nivel necesario para competir nos primeiros postos. A clave estará nos puntos que consigamos fóra da casa.

Fotos: @fotoschimpi

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas