Tomás de Llano: “Estamos moi contentos e orgullosos do compromiso e traballo de todos os xogadores”

O adestrador do Escola Calvo Lubiáns, Tomás de Llano, repasou a actualidade.

“Valorando todo o que foi a primeira volta, sabiamos de antemán que para un recén ascendido a adaptación a nova categoría non sería nada fácil. O nivel de adestramento e o nivel dos mesmos está sendo altísimo, estamos moi contentos e orgullosos do traballo de todo o plantel. O único pero que podemos poñer e que en momentos puntuais dos partidos, faltounos un peso de peso e de experiencia, o que motivou algunhas desconexións que nesta categoría penalizan moito.

Con todo, creemos sinceramente que merecemos mais puntos dos que levamos obtidos, e tamén entendemos que a nosa situación pouco a pouco vai corrixíndose e mellorando, co grupo asentándose semana a semana e coa chegada das novas incorporacións que nos permitiron subir aínda mais o bo nivel dos adestramentos. Son varios aspectos positivos que están sumando que fan que encaremos o futuro con optimismo, crendo firmemente en que aínda podemos conseguir o obxectivo da permanencia da categoría con este grupo. Con todo o obxectivo principal é o de traballar semana a semana preparando da mellor forma posible cada un dos compromisos que temos por diante.

A maiores de todo o comentado, quería destacar o marabilloso ambiente que hai no club, o excelente ambiente das bancadas, é unha pasada, a xente e unha marabilla, a verdade e que todo o corpo técnico estamos encantados de estar neste proxecto, xa que valoramos moito o gran esforzo que fai a directiva e todo o grupo humano e de toda a familia do Escola Calvo Lubiáns. Un esforzo e unha dedicación que sen dúbida ningunha e moi merecedor de estar competindo nunha categoría nacional”.

Foto: @fotoschimpi

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas