CF DUMBRÍA: Presentación da Escola de fútbol base feminina

Onte presentouse a Escola de fútbol base feminina do CF Dumbría nun acto no que Concello de Dumbría aceptou o proxecto para a creación dun novo campo no recinto de «O Conco», ademais de remodelar o actual.

O acto celebrouse no pavillón deportivo O Conco e foi presidido por José Manuel Pequeño, alcalde do Concello de Dumbría , Iván Pequeño, concelleiro de deportes, César Ferrío, presidente do clube, Vicky Vázquez, seleccionadora galega e xogadora do Sárdoma CF e Nuria Rábano,  xogadora da Real Sociedad e internacional con España.

Nun día cheo de ilusión e emocións, presentouse a Ana Mouzo (Vimianzo) e Fran Figueroa (Muros) como os adestradores que dirixirán a escola. O presidente do clube, César Ferrío destacou a importancia que merece a escola ao ser unha aposta importante do Concello, e na que Ana Mouzo desexou que sexa o primeiro ano de moitos. Pola súa parte, Nuria Rábano quixo agradecer aos pais o esforzo que fan. A sección estará enfocada á formación sen descartar a participación en competiciones oficiais, apostando por un proxecto comarcal e non só local.

PROXECTO

O Concello de Dumbría aprobou o proxecto da creación dun campo de fútbol 8 de herba sintética, ademais de mellorar as instalación do campo actual. Entre estas melloras, destacan cambiar o céspede artificial por un de última xeración, dispoñer de asentos corridos sen respaldo sobre as gradas existentes e a instalación de dous bancos cubertos de oito prazas. O céspede que vaise empregar terá o certificado FIFA Quality. Outros cambios como o drenaxe, o sistema de rega, etc., tamén se inclúen na memoria do proxecto. En total, a cifra oficial do orzamento ascende a 654.184 euros. A entidade bancaria ou empresa adxudicataria asumirá o custo total dos traballo e o Concello irá abonando o mesmo a través de cotas mensuais durante cinco anos. O prazo para a execución das obras será de tres meses (realizaranse esta mesma tempada) e para evitar o parón das actividades, as obras faranse primeiro nun campo, mentres os usuarios emplean o outro e viceversa.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Trofeos Bisbarra en xogo 2024/25

Unha tempada máis, Bisbarra en xogo xunto a varios dos nosos patrocinadores, anunciamos os trofeos que entregaremos ao final da presente campaña. EDICIÓN BERGANTIÑOS, ARTEIXO,