Chipi: “O mellor a curto prazo é consolidar a segunda posición”

O dianteiro do Escola Lubiáns, Diego Vieites “Chipi” (Noia, 1982), chegou ao conxunto carballés en 2013 e leva doce tempadas vestindo a indumentaria do conxunto carballés, consagrándose como un dos veteranos e lenda do club.

Chipi formouse no Noia e posteriormente xogou en equipos como o Vigo Stick ou o Raxoi, destacando pola súa habilidade de rematar o imposible, a facilidade para desmarcarse dos rivais, así como o traballador que é, sendo un dos referentes do vestiario.

A estas alturas, é mellor meter presión ao Jolaseta ou consolidar a segunda posición?
O mellor a curto prazo é consolidar a segunda posición, que Jolaseta gañe todo e xogarnos o ascenso na promoción. Pero se eles fallan e logramos achegarnos, teñen que vir a Carballo na segunda volta.

Es un xogador que transmite tranquilidade nos momentos de maior presión. Como o consegues?
Levo moitos anos xogando a isto e supoño que algúns aspectos saen por experiencia.

Como un dos veteranos do equipo, que consellos adoitas dar aos máis novos?
Diría que o máis importante é que comprendan que para conseguir algo hai que esforzarse. As novas xeracións pretenden xogar sen adestrar, iso non existe. Todos os xogadores de nivel adestran cos seus equipos, e aparte, adestran pola súa conta.

Seguiremos gozando de Chipi moito máis tempo?
Non o sei, encántame xogar, se o físico permítemo e a familia tamén, tentarase continuar.

Foto: @fotoschimpi

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas