Manu Ruibal, un dos pesos pesados do vestiario e coordinador deportivo do club, fai un balance positivo do que vai de temporada.
Como ves os primeiros meses de competición?
“Na casa estamos a conseguir moitas vitorias, pero fora cústanos máis impoñer o noso xogo. Ademais, as lesións están sendo un factor importante, pero confiamos en recuperar efectivos despois do parón de Nadal e chegar ás últimas xornadas con opcións reais de ascenso”.
E a nivel individual, como te atopas?
“Está sendo unha temporada ilusionante para min. A pesar de faltar nalgúns partidos por motivos de saúde, sigo con moita forza e ilusión por loitar polo ascenso. Se non o conseguimos, xa pensarei no futuro, pero hoxe estou motivado para seguir”.
Foto: @fotoschimpi