CHRISTIAN: Está a achegar goles

A chegada do dianteiro Christian Martínez Díaz (A Coruña, 2000) foi moi boa para o Bergantiños.

O futbolista debutou na xornada 21, con motivo dun Pontevedra CF – Bergantiños FC (0-1). Desde ese momento alternou encontros como titular e tamén de suplente. Aínda que unha faceta na que está a destacar é como goleador, xa que leva tres tantos. O primeiro foi con motivo do CD Móstoles – Bergantiños FC (1-1), na xornada 23, e dúas máis no CD Palencia Cristo Atlético – Bergantiños FC (3-5), na rolda 25. Ademais, o xogador, cando está sobre o terreo de xogo, achega moito traballo ao equipo. Presiona a cada momento á defensa rival, busca o apoio dos seus compañeiros e, cando entra na área, é letal fronte a portería rival.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

O Parrulo vence e convence

Primeiros tres puntos para O Parrulo tras vencer no pavillón da Malata ao UD Ibiza por 6-2 na segunda xornada da Segunda División Futsal. Bonito

Manu Méndez, lenda do Balonmán Xiria

“Un xogador diferente e especial”. Así poderíase definir ao que agora pasa a ser unha lenda do Balonmán Xiria, Manuel Méndez Cabeza, “Manu” (Carballo, 1989),