Yago Santamaría e Diego Pazos serán a representación parrula nesta gran cita nacional.
Dous anos despois regresan os Campionatos de España de seleccións autonómicas da RFEF e empezarán os primeiros deles nel Ejido (Andalucía), do luns a venres nas categorías benxamín e alevín, na cal haberá dobre representación da Escola de Fútbol sala de O Parrulo Ferrol nas seleccións galegas da RFGF.
Na selección galega benxamín participará Yago Santamaría, o cal estará ás ordes do seleccionador galego Benigno García “Nino”. Empezarán a competición o luns 4, ante Extremadura, ás 16:00 horas, no Pavillón José Cano (Vícar). O segundo partido xogarano ante Asturias. Se gañan este primeiro partido xogarán o mércores 6 na mesma instalación, ás 16:00 horas e se o perden faríano o martes 5, tamén ás 16:00 horas. Accederían á semifinal en caso de ser primeiros de grupo, que se disputaría o xoves 7, ás 10:00 ou ás 12:00 horas, segundo sorteo, no Pavillón Municipal de Adra e se logran chegar á final, esta sería o venres 8, previsiblemente en horario de mañá, no Pavillón Municipal El Ejido.
Na selección galega alevín participará Diego Pazos, o cal estará ás ordes do seleccionador galego Gael Mardanas. Empezarán a competición o luns 4, ante Región de Murcia, ás 12:00 horas, no Pavillón de «Santa María del Águila». No segundo partido xogarán ante Aragón. Se gañan o primeiro partido sería o mércores 6 de abril, ás 12:00 horas, na mesma instalación e se perden este primeiro partido xogarían o martes 5 de abril, ás 12:00 horas. En caso de ser primeiros de grupo xogarían a semifinal o xoves 7, ás 10:00 ou ás 12:00 horas, segundo sorteo, no Pavillón Municipal de Vícar e se logran chegar á final, esta sería o venres 8, previsiblemente en horario de mañá, no Pavillón Municipal El Ejido.
Desde a Escola de Fútbol sala de O Parrulo Ferrol e todo o equipo de Bisbarra en xogo, desexámoslle ás seleccións galegas e en especial a Yago Santamaría e Diego Pazos a mellor das sortes nos Campionatos de España benxamín e alevín, como tamén desexamos que poidan gozar dunha experiencia inesquecible.
Información e imaxes: O Parrulo