O conxunto do FSF Villa de Cee Hotel La Marina está moi forte para chegar ao tramo final. Así, os xogadores de Jorge Calabanda catro vitorias nos últimos encontros e por esa razón están instalados na 6ª posición da Preferente Galicia de fútbol sala masculina.
O conxunto está a ofrecer nesta parte final, faltan nove xornadas para concluír a campaña, máis regularidade e sempre se mostra competitivo en calquera cancha. Aínda que encaixa bastantes goles, a formación da Costa da Morte tamén ve porta con facilidade e desa forma os tantos que levan neste momento, fai un total de 82, repártense entre nove xogadores. A última derrota do conxunto ceense foi na cancha do terceiro clasificado, o Outeiro de Rei SD (3-1) e desde entón os resultados foron positivos.
Na próxima xornada deberá visita ao líder O Korreo Guitiriz FS, que na primeira volta logrou gañar en extremis en Cee por 3-4.
GOLEADORES
Os 82 tantos que leva marcado o FSF Villa de Cee Hotel La Marina, varios son do xogador franquía, o pivote David Julián Fraga Franqueira, “Deiby”, unha das catro incorporacións da presente tempada. O xogador chegou procedente do FS Pontedeume.
Deiby: 19 goles.
Ángel: 15 goles.
Juan O Bello: 14 goles.
Kevin: 12 goles.
Marroco: 7 goles.
Iago: 6 goles.
Aitor: 3 goles.
Mario: 3 goles.
Juanjo: 3 goles.