A II Bandeira de Bateis e o XXVI Trofeo de Bateis Cidade de Narón reunirán este sábado na cidade a medio milleiro de deportistas

O Concello naronés e o Club de Remo Narón organizaron a II Bandeira de Bateis e o XXVI Trofeo de Bateis Cidade de Narón, que se disputará este sábado, día 15, na enseada da Gándara, a partir das 16.30 horas.

O edil de Deportes, Ibán Santalla, presentou o evento acompañado por Bruno Vidal e José Manuel García, presidente e vogal, respectivamente, do citado club deportivo.

En canto á participación, Vidal anunciou que participarán no evento algo máis de medio milleiro de deportistas procedentes de quince clubs de diferentes concellos galegos, maioritariamente da provincia da Coruña e tamén de Lugo. A maiores do anfitrión, o Club de Remo Narón, competirán neste trofeo, clubs procedentes de Ferrol, Mugardos, Ares, Mera, Perillo… entre outros. O percorrido pola enseada será nun tramo de 500 metros, con largos que en función da categoría –dende alevíns ata sénior e veteráns- serán ata os 2.000 metros.

O concelleiro naronés agradeceu a implicación un ano máis do Club de Remo Narón para poder organizar este evento deportivo na cidade e felicitou tamén aos representantes do club polo traballo que desenvolven ao longo do ano. Así mesmo, Santalla convidou á cidadanía a achegarse ó sábado á enseada da Gándara para animar aos participantes.

Info e fotos: Concello de Narón

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Lucho: “A clave é a confianza”

O centrocampista de corte defensivo do Galicia de Mugardos, Luis Dopico Martínez (Ferrol, 2003), coñecido como Lucho, formouse nas categorías inferiores do Racing e tras