Este mércores clausuráronse os campus TEC de fútbol e fútbol sala organizado polo Bergantiños – Escolas Luis Calvo durante os días 11 ao 13 de abril da man de adestradores titulados.
I CAMPUS DE TECNIFICACIÓN MIXTO FÚTBOL SALA
Ao acto de clausura do Campus de fútbol sala no pavillón Carballo Calero acudiu Fran González, o ex-xogador do histórico «Superdépor», que asinou autógrafos, David Iglesias, director das escolas do Bergantiños, o coordinador do campus fútbol sala Matías Navarrete e o seu axudante Nacho. As inscricións foron de 36 rapaces/as que recibiron o diploma acreditativo ao Campus.
DÉPOR CAMPUS
No municipal das Eiroas clausurábase o Dépor Campus con 46 inscricións entre nenos e nenas que estivo dirixido por Borja Barros, director de actividades da Fundación RC Deportivo e 4 adestradores titulados que formaron 4 grupos de traballo. Na clausura fíxose entrega aos asistentes dos diplomas acreditativos ao Campus.