HÉBER: O pesadelo dos rivais

O extremo zurdo está nun gran momento de forma e sendo un pesadelo para as defensas rivais co seu cambio de ritmo, velocidade, regate e asistencias.

O xogador do Racing de Ferrol, Héber, demostra en cada partido que non ten teito. É un extremo dos de antes, dos que collen o balón e non dubidan un segundo en encarar aos seus rivais, ben sexa tratando de regatealos por velocidade ou utilizando algún recurso técnico.

Héber é un xogador dinámico, con gran visión de xogo, con carácter no campo e un gran cambio de ritmo, pois tan pronto está a sortear algún rival, como colocando un centro preciso a algún compañeiro. Tamén é un xogador moi querido pola afección e viceversa, xa que comezou nas categorías inferiores do Racing de Ferrol, e tras pasar por varios equipos, con varias idas e vindas no propio Racing, volveu á que sempre foi a súa casa.

A ampla traxectoria de Héber levoulle a xogar en equipos como a UD Somozas, onde sumou un total de 21 goles e co que logrou facer un dobrete no 2014 contra o CD Boiro. Tamén xogou no Racing de Santander, no cal logrou 8 tantos, no Real Murcia, co que disputou 19 encontros, na UD Melilla, coa que asinou o seu primeiro e único hattrick oficial, ata o momento, no partido contra o San Fernando CD. Outro equipo no que Héber recalou foi o CD Badajoz, co que fixo 4 goles en 21 encontros, tamén no Sabadell, co que marcou un gol e no propio Racing, co que xogou 73 partidos e logrou 11 goles.

En total e ata a data actual, ao longo da súa carreira profesional disputou 316 partidos como profesional, obtendo un balance de 52 goles, 12 asistencias, 40 tarxetas amarelas e 1 vermella.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas