CLUB XADREZ XIRIA CALVO CARBALLO: Na Liga Galega

O sábado día 12 comenzou a liga galega de xadrez, na temporada 2022 o club xadrez O Toque Xiria Calvo Carballo participa con dous equipos, un na Preferente Galega, a máxima categoría autonómica, e outro en 3ª división. 

Na categoría preferente participan 15 equipos en dous grupos, O Xiria Calvo Carballo quedou emprazado cos equipos do Circulo Ferrolán, Clubexa de A Coruña, Escola Luguesa, Padrón, Rianxo e o CFX de Vilagarcía, será una liga a 1 volta e logo un encontro directo co mesmo clasificado do outro grupo.

O obxectivo sería a permanencia pero será moi difícil de acadar xa que os equipos participantes teñen todos xogadores de moi bo nivel, ademáis esta competición se xoga a 6 taboleiros ,en vez de 4 como o resto de categorías, o que dificulta aínda máis os encontros,  será a primeira vez que o equipo de Carballo milita na máxima categoría galega medíndose aos mellores equipos galegos, a gozar da experiencia e tratar de dar a sorpresa.

3ª División

O club xadrez Xiria Calvo Carballo B xogará no grupo B de 3ª división, será liga de 8 equipos a 1 volta entre equipos de Coruña máis Carballo e Náutico de Camariñas, nesta categoría o equipo tratará de acadar o ascenso a 2ª división.

Na primaveira xogarase unha fase local do torneo xogade e 4ª división, en total para a tempada 2022 o club ten un total de 55 fichas federadas activas e aínda se espera facer algunas máis durante o ano. O Concello agradece á Fundación Luis Calvo o apoio un ano máis ao clube e espérase facer no verán a V edición do Aberto de Carballo clásico, na primaveira o torneo das letras galegas e de cara ao final de ano, o torneo de nadal.

Información e imaxe: Concello de Carballo

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Berto, o “camero” do Somozas

Se xuntamos defensa e gol, lembramos ao camero Sergio Ramos, pero se engadimos Somozas, temos a Alberto Rodríguez Fernández, “Berto” (Ferrol, 2000), que se destapou