CONCELLO DA LARACHA: Apoia a candidatura de Teresa Portela ao Premio Princesa de Asturias

O Concello da Laracha manifestou formalmente o apoio da candidatura da piragüista Teresa Portela ao Premio Princesa de Asturias dos Deportes deste ano 2022 que foi impulsada pola Xunta de Galicia.

Teresa Portela, natural da localidade pontevedresa de Aldán, é a primeira deportista española en participar en seis Xogos Olímpicos, que sería sete de acadar a súa clasificación para París 2024. Nos últimos, os celebrados o ano pasado en Toquio, logrou a prata na proba K1 200 metros que engrosa un palmarés con 15 medallas en campionatos mundiais e 17 en europeos.

A Xunta de Galicia ten habilitada unha plataforma para que particulares poidan sumarse ao apoio desta candidatura achegando o seu nome e documento nacional de identidade. Pode realizarse nesta ligazón:

https://www.xunta.gal/apoio-candidatura-teresa-portela

Información: Concello da Laracha e imaxe: Xunta de Galicia

Compartir:

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on pinterest
Pinterest
Share on linkedin
LinkedIn

Novas relacionadas