COPA GALICIA 3H RESISTENCIA: Ferrolterra no máis alto

David Fernández, do CC Narón, Sofía Ferreiro, do Club BTT Esmelle, José Cartelle, de Pulpeiros Mugardos, e Rebeca Nieto, de Vara e Pedal ADR, representan a Ferrolterra no máis alto.

Que Ferrolterra sempre foi berce do ciclismo non é ningún secreto, como se puido apreciar na Copa Galicia 3h Resistencia tras a disputa das cinco probas e nas que se coroaron catro grandes deportistas como son: David Fernández Casal, pertencente ao CC Narón e que se proclamou campión absoluto e no máster 30 con 610 puntos e 670 respectivamente; Sofía Ferreiro Fraguela, do Club BTT Esmelle, logrou alzarse co primeiro posto en categoría feminina junior con 570; Rebeca Nieto Pérez, do Vara e Pedal ADR, na categoría feminina máster 40 con 670 puntos; e José Cartelle Rozas, do CC Pulpeiros Mugardos, na categoría máster 60 masculino con 570 puntos.

II RESISTENCIA CIDADE DE NARÓN

Narón acolleu en xaneiro a primeira proba das cinco que compoñen a Copa Galicia 3h Resistencia. Dita proba, organizada polo CC Narón, disputouse na Pombiña (Pedroso) e onde David Fernández logrou o primeiro posto na categoría absoluta e no máster 30, xunto a Sofía Ferreiro en junior. Rebeca Nieto e José Cartelle quedarían en segunda posición en máster 40 e máster 60 respectivamente. Na categoría elite, Xavier Meizoso, do CC Narón, adxudicaríase o primeiro posto, ademais do terceiro na absoluta, mentres que o seu compañeiro de equipo, Fernando Díaz, sería terceiro no máster 40. Manuel Carballo, do CC Terras do Eume, foi terceiro en máster 60. As integrantes do Club BTT Esmelle, Raquel Vázquez e Susana Rodríguez, foron terceiras en máster 30 e 40.

OUTRAS PROBAS

Ademais da de Narón, houbo catro probas máis, sendo Noia, Boiro, Camariñas e Muros os escenarios elixidos para disputar os circuítos da Copa Galicia 3h Resistencia.

David Fernández realizou unha gran actuación adxudicándose a 4ª posición en Noia e Boiro na categoría absoluta e vencendo nas probas de Camariñas e Muros. En canto á categoría máster 30, David quedou 2º en Noia, 3º en Boiro e venceu novamente en Camariñas e Muros.

A ciclista Sofía Ferreiro saíu vencedora na categoría junior nas probas de Noia e Muros, logrando a 2ª posición en Boiro.

José Cartelle, no master 60, subiu ao máis alto do podio nos circuítos de Noia, Camariñas e Muros.

En canto a Rebeca Nieto, obtivo a vitoria en Noia, Boiro e Camariñas e acadou a 3ª praza en Muros na categoría máster 40 feminina.

CLASIFICACIÓN FINAL

Ademais dos catro campións de Ferrolterra, hai que destacar a varios deportistas que tamén lograron alcanzar os postos do podio. Entre eles, está a propia Rebeca Nieto de Vara e Pedal ADR, que logrou a 3ª posición na categoría absoluta feminina con 320 puntos. A integrante do Club BTT Esmelle, Raquel Vázquez, foi 2ª na categoría feminina máster 30 con 580 puntos. Do mesmo equipo que Raquel estaría Susana Rodríguez, que obtivo un 2º posto no máster 40 feminino con 520 puntos. E finalmente, Manuel Carballo, do CC Terra do Eume, conseguiu a 3ª praza na categoría máster 60 con 220 puntos.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Lucía Rivas: de verde a laranxa

Lucía Rivas finalizou a súa etapa no conxunto verde do Valdetires para enfundarse o laranxa dun Viaxes Amarelle no que compartirá vestiario con coñecidas como

Álex Permuy: cumprindo un soño

Falar de Smash Padel 4 é falar do seu fundador Álex Permuy e unha vida plenamente dedicada ao deporte, coñecido polo seu pasado futboleiro (Numancia