IV TORNEO DECATHLON FERROL: O Club de Golf Campomar acolleu o evento

O pasado venres 24 e sábado 25 de febreiro, as instalacións do Club de Golf Campomar acolleron a IV edición do Torneo Decathlon Ferrol.

Aínda que os días presentáronse con moi baixas temperaturas, ceos nubrados e coa choiva como protagonista para dificultar o xogo dos participantes, non impediron o bo desenvolvemento da proba.

O campión Scratch foi José María Fantova Rodríguez, do club Campomar, seguido en segundo e terceiro lugar polos seus compañeiros Adrián Soto Veiga e Francisco Pita-Romero Caamaño.
En 1ª Categoría o primeiro clasificado foi Adrián Soto Veiga, do club Campomar, quedando como segundo clasificado Juan Amado Castro, do mesmo club, e como terceiro Domingo Antonio Suárez Dono, do Hércules.

En 2ª Categoría, o primeiro clasificado foi o integrante do Campomar, José Manuel Dopico Dopico, sendo o segundo Alejandro Santos Folgado, do club Miño Ártabro, e de terceiro José Carlos Piñeiro Freire, tamén do Campomar.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

O Parrulo vence e convence

Primeiros tres puntos para O Parrulo tras vencer no pavillón da Malata ao UD Ibiza por 6-2 na segunda xornada da Segunda División Futsal. Bonito

Manu Méndez, lenda do Balonmán Xiria

“Un xogador diferente e especial”. Así poderíase definir ao que agora pasa a ser unha lenda do Balonmán Xiria, Manuel Méndez Cabeza, “Manu” (Carballo, 1989),