IV TORNEO DECATHLON FERROL: O Club de Golf Campomar acolleu o evento

O pasado venres 24 e sábado 25 de febreiro, as instalacións do Club de Golf Campomar acolleron a IV edición do Torneo Decathlon Ferrol. Aínda que os días presentáronse con moi baixas temperaturas, ceos nubrados e coa choiva como protagonista para dificultar o xogo dos participantes, non impediron o bo desenvolvemento da proba. O campión […]

DISPESAN CAFÉ PONTEDEUME: Os eumeses de José Deus atravesan un gran momento

Se antes do parón do Nadal os de José Deus lograran dúas vitorias consecutivas, tras a volta das vacacións continuaron coa boa serie e sumaron outras dúas ante o Valinox Novás “B” por 25-22 e contra o Luceros “B” por 25-22. Logo encadearon dúas derrotas consecutivas, a primeira ante o Calmear Rasoeiro BM por un […]

UD SOMOZAS: O club cesou a Marco Roca e tomou as rendas Fran Beade

O club cesou ao pontés e o preparador físico dirixirá ao conxunto provisionalmente. Tras encadear catro derrotas consecutivas, sendo a última ante o Atlético Arteixo por 0-1, o club tomou a dura decisión de cesar a Marco Roca como adestrador tras tempada e media dirixindo á UD Somozas durante 56 partidos, logrando 26 vitorias, 13 […]

RACING CLUB FERROL: Sete xornadas consecutivas puntuando

Os de Cristóbal Párralo están a atravesar un bo momento de forma e proba diso está nas sete xornadas consecutivas que o Racing consegue sumar puntos. Tras o parón do Nadal os ferroláns perderon un partido ante o Celta B por 1-0, empataron en catro ocasións ante o Real Madrid Castilla 0-0, coa AD Ceuta […]

SOFÍA FERREIRO: Máxima goleadora dos equipos de Ferrolterra da Primeira Autonómica

A xogadora do Maruxas de Nata O Parrulo, Sofía Ferreiro, é a máxima goleadora dos equipos de Ferrolterra que participan na Primeira Autonómica. Sofía leva un total de 10 tantos, anotando o seu último gol polo momento ante o TCA Instalacións Pontedeume FS. A Sofía séguena outras goleadoras de Ferrolterra como son a súa compañeira […]

COPA GALICIA 3H RESISTENCIA: Ferrolterra no máis alto

David Fernández, do CC Narón, Sofía Ferreiro, do Club BTT Esmelle, José Cartelle, de Pulpeiros Mugardos, e Rebeca Nieto, de Vara e Pedal ADR, representan a Ferrolterra no máis alto. Que Ferrolterra sempre foi berce do ciclismo non é ningún secreto, como se puido apreciar na Copa Galicia 3h Resistencia tras a disputa das cinco […]

ALICIA VILLEGAS: Unha vida dedicada ao baloncesto e á nutrición

En Bisbarra en xogo tivemos o pracer de falar con Alicia Villegas Martín (Tarragona, 1994), ex-xogadora do Baxi Ferrol e actualmente nutricionista. A tarraconense chegou ao Baxi Ferrol na tempada 2021/22 procedente do Ensino Lugo, pero unha grave lesión de rotura de ligamentos no seu xeonllo esquerdo (terceira na súa carreira) durante o encontro ante […]

CR FERROL: Asegura a permanencia na Primeira División Galega

Os de Mauro Álvarez certificaron a permanencia unha tempada máis na máxima categoría galega. Na primeira xornada do grupo de permanencia conformado polo CR Ferrol, o CR Coreti Lalín e o Pontevedra RC, os ferroláns enfrontábanse ante un Lalín que debido aos seus múltiples baixas, impediu que se disputase o encontro e outorgásese a vitoria […]