CORME CF: Ave, Alejandro!

Esta tempada 2021-2022 Alejandro Torrado Bermúdez (Corme, 1975) non vestirá a elástica de seu Corme CF. Algo que levaba facendo desde fai trinta anos de forma ininterrompida co dorsal 3 nas súas costas, aínda que nas últimas co 12. E non o fará porque vese obrigado a colgar, inesperadamente, as botas contra a súa vontade.

Está claro que a Liga da Costa notará a súa ausencia nos terreos de xogo, aínda que o seu lugar estará ocupado polo seu fillo, o zurdo Borja Torrado Antelo (Corme, 2005).

Falar de Alejandro é falar do que un futbolista da Costa representa. Amor a unhas cores e a un escudo. Este gran futbolista sempre foi tentado por moitos equipos da competición, ofertas económicas importantes, ao que Alejandro sempre respondeu da mesma maneira, non. El sempre vestiu a camiseta do club da súa localidade natal. Sobre o terreo de xogo, a súa alongada figura proxectábase de tal forma que deixaba pegada en calquera campo que o vise evolucionar. Deportivo, correcto, educado e, sobre todo, un xogador todoterreo. Ata por desempeñar fixo, e moi ben, varias veces na demarcación de porteiro baixo os tres paus. A clase que demostrou ao longo destas tempadas que puidemos gozar vendo xogar marcan unha época irrepetible no conxunto azulón. Títulos, recordos, emocións, tristezas… Alejandro é un futbolista para imitar sempre. Exhibiu sempre os máximos valores deportivos. Alejandro é un deses nomes que quedará escrito con letras maiúsculas na Liga da Costa. Deuno todo, representou todo e ofreceunos todo. Por esa razón, só falta dicir: Ave, Alejandro!.

Alejandro seguirá acudindo aos campos costeiros, agora como espectador, xa que o seu fillo Borja é o que ten a responsabilidade de continuar coa saga no Corme Cf. Nós gozaremos da presenza dun futbolista exemplar en todos os campos da vida. Unha persoa 10.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Trofeos Bisbarra en xogo 2024/25

Unha tempada máis, Bisbarra en xogo xunto a varios dos nosos patrocinadores, anunciamos os trofeos que entregaremos ao final da presente campaña. EDICIÓN BERGANTIÑOS, ARTEIXO,