Javier García Lado, “Marroco”, capitán do FSF Villa de Cee Hotel A Marina, fala da próxima tempada 2021-2022, na que o equipo disputará a categoría de Preferente Galicia FS, grupo norte.
A liga comezará no mes de outubro e mentres tanto o conxunto regresou aos adestramentos e disputou o seu primeiro partido de pretemporada. Marroco di que non van renunciar a nada: “Se podemos ascender, pois o tentaremos”.
Como se presenta a campaña para o Villa de Cee?
A tempada afrontámola con moitas ganas e ilusión, sobre todo despois de estar parados un ano e medio.
Que meta ponse o equipo?
O equipo o único obxectivo que se marca é saír a competir en cada partido, despois, dependendo de como se vaian dando os resultados iremos marcando obxectivos na tempada, e se podemos ascender, pois o tentaremos.
O cadro de persoal non está pechado?
O persoal non está pechada, estamos a ter conversacións con 3 xogadores haber se podemos chegar a un acordo, e con esas 3 fichaxes máis pecharemos o cadro de persoal.
Coas novas fichaxes unha formación competitiva?
Coas incorporacións que estamos tentado facer, será un equipo moi competitivo. Xa o somos, pero o seremos moitísimo máis.
Que Villa de Cee poderán ver os afeccionados?
Pois os nosos seguidores xa nos coñecen ben, levamos desde o principio case co mesmo bloque, cada tempada collemos un reforzo e vaise alguén, pero sempre o mesmo bloque. Nós imos ofrecer o que facemos en cada partido que é competir e tentar ofrecer un bo espectáculo.
Hai favoritos de principio?
Para o min o gran favorito é o Stellae FS, de Padrón. Teñen un equipazo para esta categoría.
A nivel persoal como afronta Marroco a tempada?
Con moitísimas ganas despois deste ano e medio sen facer nada pola pandemia. Xa tiña ganas de xogar e adestrar outra vez, con este grupo de amigos marabillosos.