Cruz Sánchez: “O ascenso e algo histórico tanto para o club como para todo o grupo”

Entrevistamos á goleadora do Bergantiños FC, Cruz Sánchez, que valorou o balance da tempada tras conseguir o ascenso a Nacional e tamén as suás sensacións a nivel individual.

Como valoras o nivel que tivo a Primeira División Galega Arzúa – Ulloa?
En liñas xerais estivemos ben, queríamos ser campioas, estivemos aí ata o último momento, pero ao final e unha carreira de fondo onde hai momentos mellores e outros peores, deixamos escapar unha vantaxe de 10 puntos co segundo clasificado, algo que ao final pasa factura. Tivemos a sorte de que en xeral respectáronnos as lesións, tivemos dúas baixas moi importantes como a de Inés cunha recaída no seu xeonllo e a de Ale por motivos de estudos, pero fomos capaces de sobrepoñernos.

Que sensacións vos deixou a fase de ascenso?
A fase de ascenso chegounos nunha semana con varios partidos xuntos e todos de máxima esixencia, algo que lonxe de prexudicarnos, penso que nos beneficiou, xa que conseguimos estar moi metidas cunha dinámica de competición moi esixente; ao final nunha semana xogar o martes a semifinal de Copa co Orzán, o domingo fase de ascenso co Arousana, o mércores a final de Copa en Riazor, cun ollo posto no seguinte domingo onde xogas a ida da final polo ascenso ante o Tomiño a domicilio. Polo tanto podedes imaxinar a carga física, emocional e mental coa que chegamos ao campo das Eiroas para afrontar o partido definitivo da temporada, sabendo que non conseguiramos ascender nas dúas últimas ocasións. Por sorte conseguimos superar a un gran rival como o Tomiño e chegou o ansiado ascenso, algo histórico tanto para o club como para o grupo. Poder aínda por riba vivilo na nosa casa coa nosa xente foi unha ledicia inmensa. Aproveito para agradecer a toda a xente por un ambiente espectacular e por estar aí durante todo o ano, tanto nas boas como nas non tan boas. Conseguir o ascenso foi unha ledicia inmensa, temos por diante unha oportunidade de competir nunha categoría moi complicada, aínda que tamén moi bonita, con equipos a nivel nacional moi experimentados que levan competindo na Terceira RFEF durante moitos anos.

Como valoras a temporada a nivel individual?
Considero que foi unha boa temporada na que respectáronme as lesións e na que puiden axudar ao equipo, unhas veces metendo goles e outras veces sumando doutra maneira. Quizais a espiña cravada foi a da final de Copa en Riazor xa que chegaba moi tocada do partido de semifinais da fase de ascenso cunha picada nos isquios, polo que na final de Copa incluso plantexamos que eu non xogara. Pero foi unha semana onde ningunha xogadora quería perderse ningún partido para axudar ao equipo nunhas datas tan esixentes, así que finalmente entrei na segunda metade co resultado en contra, pero loxicamente non con boas sensacións polo que non puiden axudar ao equipo tanto como eu quixera, aínda que cando menos marchei coa satisfacción de poder xogar nun estadio como o de Riazor onde non todo o mundo ten a oportunidade de xogar, polo que non podo ter queixa xa que eu tiven a sorte de facelo en tres ocasións.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Lucía Rivas: de verde a laranxa

Lucía Rivas finalizou a súa etapa no conxunto verde do Valdetires para enfundarse o laranxa dun Viaxes Amarelle no que compartirá vestiario con coñecidas como

Álex Permuy: cumprindo un soño

Falar de Smash Padel 4 é falar do seu fundador Álex Permuy e unha vida plenamente dedicada ao deporte, coñecido polo seu pasado futboleiro (Numancia