Dani Sánchez afronta a súa décima tempada ao fronte do Club do Mar coa ambición de seguir medrando. O técnico destaca a dificultade do grupo da Primeira Futgal no que puntuar fóra de casa resulta especialmente complicado e aposta por un cadro máis amplo para facer fronte ás lesións e aumentar a competencia interna.
Con que obxectivo afronta o equipo esta tempada e que resultado considerarías un éxito ao final da liga?
O obxectivo e o mesmo que estes anos atrás, intentar quedar o máis arriba posible e sempre que se poida, mellorar o da temporada anterior, ben en puntos ou no posto clasificatorio.
Cal cres que vai ser a principal dificultade que vai ter o equipo nesta tempada e que aspecto consideras fundamental para competir ao máximo nivel?
A dificultade vai ser moi grande, levamos dúas tempadas neste grupo de Primeira e sabemos que todos os partidos costa moito sacalos adiante, fóra de casa costa moito solo puntuar.
Para competir ao máximo nivel, o aspecto fundamental e ter activa e en boas condicións a todo o persoal. A tempada pasada tivemos moitas lesións de longa duración e por iso este ano optamos por facer un equipo con máis número de fichas federativas, e con iso, tamén aumentar un pouco o nivel competitivo dentro do equipo.
Como chega o equipo ao inicio da competición e que mensaxe lle queres transmitir á afección?
O equipo traballou duro na pretempada e chegará en condicións óptimas para afrontar o inicio de liga, aínda que está a ser unha pretempada onde so puxemos énfases en facer probas de xogadores. Os resultados non estar a ser bos, pero o importante é o traballo que se fai día a día e niso creo que o equipo transmite seguridade.
Foto: fotoschimpi




