Daniel Remuiñán dá o salto á categoría raíña cun Škoda Fabia Rally2 Evo

A dupla Remuiñán-Cerqueiras arrincará a tempada no 30º Rallye da Coruña.

O piloto larachés Daniel Remuiñán confirmou o seu programa deportivo para a tempada 2026, marcando un antes e un despois na súa traxectoria deportiva. Tras destacar pola súa velocidade e regularidade na GR Yaris Cup Spain, onde chegou a liderar o trofeo nacional, Remuiñán manterá a súa progresión dando o salto a un vehículo da categoría Rally2.

Para este ambicioso proxecto no certame autonómico, o equipo contará cun Škoda Fabia Rally2 Evo, unha das monturas máis competitivas e fiables do panorama internacional. Á súa dereita sentarase de novo o rianxeiro Álvaro Cerqueiras, quen chega tras proclamarse Campión de España de Copilotos Júnior no S-CER, consolidando unha das duplas con maior proxección do automobilismo galego.

A tempada 2026 arrincará cunha cita de máximo nivel: o 30º Rallye da Coruña. A proba non só será o punto de partida para o certame autonómico, senón que conta coa validez internacional do TER – Tour European Rally.

Para Remuiñán e Cerqueiras, esta primeira cita será clave para a aprendizaxe e a posta a punto do Škoda Fabia Rally2 Evo, co obxectivo de rodar o máis preto posible dos equipos de cabeza e comezar a sumar puntos importantes de cara á clasificación xeral do campionato.

Daniel Remuiñán, entusiasmado ante a nova tempada: “Afronto este 2026 coa maior ilusión da miña carreira deportiva. Dar o salto a un Škoda Fabia Rally2 Evo é un soño cumprido, pero tamén unha gran responsabilidade. Despois do aprendido o ano pasado, sentimos que este era o momento natural para subir un chanzo e medirnos na categoría raíña do Galego. O Rallye da Coruña vai ser un bautismo de lume espectacular. É unha proba con moita historia e o feito de que puntúe para o TER – Tour European Rally dálle un prestixio internacional que nos motiva moitísimo. O noso obxectivo inicial é ir de menos a máis. Un Rally2 require un período de aprendizaxe para entender as súas reaccións e aproveitar toda a súa tracción, pero sairemos a por todas dende o primeiro quilómetro.”

Info e foto: Daniel Remuiñán

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Álex Varela: “Reforzámonos ben”

Desde a ambición competitiva e o instinto goleador emerxe Alejandro Varela Maceiras (Miño, 1998), coñecido como Álex Varela. Mediapunta de formación e dianteiro por determinación,

Artai: “Somos unha piña”

O atacante Artai Miraz Casal (Ferrol, 1997) é vertixe e determinación ao servizo do Meirás, onde afronta a súa segunda tempada. Formouse no Racing desde