Daniel Remuiñán xogarase o título en La Nucía

Daniel Remuiñán e Álvaro Cerqueiras non tiveron a fortuna de cara na penúltima cita da GR Yaris Cup Spain, que lideraban ata esta fin de semana. A parella galega non puido manter o seu impecable refacho de podios tras sufrir dúas avarías durante o evento: a primeira, cando ocupaban a segunda posición do trofeo monomarca tras o cambio de configuración de terra a asfalto; e a segunda, definitiva, na xornada final.

A pesar do abandono, Remuiñán mantense na loita polo título grazas á súa regularidade ao longo da tempada, polo que sairá a por todas en La Nucía.

O piloto comentaba con sensación agridoce: “Desafortunadamente non puidemos apontoar o noso liderado, que era o noso obxectivo. Sabiamos que ía ser unha carreira complicada, por ser a única mixta do calendario e pola dureza dos tramos, especialmente na etapa de terra. Con todo, sufrimos dous problemas mecánicos nos tramos de asfalto. As carreiras son así e a mecánica tamén é un factor que pode ser clave. Nesta ocasión tocounos cruz, e agora toca traballar para tentar pelexar polo triunfo na Nucía, onde ademais haberá máis puntos en xogo polo coeficiente especial que ten. Quero felicitar aos meus compañeiros Adrián e Jose, que sumaron unha vitoria e un terceiro posto respectivamente. É unha pena non poder copar por segunda vez na tempada o podio, porque o equipo realizou un gran traballo durante toda a fin de semana e sería bonito poder agradecerllo cos tres equipos nos postos de honra”.

Info e foto: Daniel Remuiñán

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas