Xa está todo disposto para a próxima rolda da Copa da Costa que chega aos cuartos de final.
Na fin de semana do Entroido tiveron lugar as eliminatorias a partido único dos Oitavos de Final da Copa da Costa, as cales ofreceron os seguintes resultados:
Sporting Zas 2-3 Muxía CF
SD Fisterra 4 -2 SD San Lorenzo
CF Porteño 4-3 UC Cee
Corme CF 0-3 SD Sofán
Camariñas CF 1-1 Dumbría CF (clasificado o Dumbría na quenda de penaltis)
SD Oza 0-4 Mazaricos CF
Sporting Seaia 1-3 CD Baio
UD Cerqueda 2-3 Puenteceso SD
O único representante costeiro da Preferente Galicia, a SD Sofán tivo que poñerse o mono de traballo para eliminar a un Corme CF que resistiu ata o tramo final de encontro no campo de O Cairo. SD Fisterra e SD San Lorenzo viviron un partido entre dous equipos da Primeira Galicia, no que o equipo de Diego Lobelos foi quen de vencer en Ara Solis. Outro conxunto de Primeira Galicia como o Dumbría CF tivo que agardar ata a quenda dos penaltis para eliminar a un Camariñas que fixo un gran partido no Vicente Carril. Menos apuros tivo o CD Baio, que impuxo a súa maior categoría ante un bo Sporting Seaia en Pedra Queimada. Moitos goles, emoción e igualdade nos partidos de San Andrés, A Grixa e de Xaviña, onde o Muxía CF, CF Porteño e Puenteceso SD conseguiron o pase aos cuartos de final. O Mazaricos CF de Marcos Domínguez foi o equipo que conseguiu un resultado máis avultado na súa visita a Carballo ante a SD Oza no campo de As Eiroas.
Os cuartos de final que se disputarán a partido único o 1 de Maio quedan da seguinte forma:
Muxía CF – SD Fisterra
Porteño CF – SD Sofán
Mazaricos CF – Dumbría CF
Puenteceso SD – CD Baio
Sen dúbida catro partidos que viviranse con gran emoción e intensidade como corresponde a cada un dos encontros dunha competición tan atractiva e desexada como é a Copa da Costa.