Diego Armando García (A Coruña, 1983), adestrador da Unión Deportiva Paiosaco, sempre tivo fe no seu persoal.
A pesar de que ata o tramo final o equipo non puido salvarse, polo que queda con esa imaxe que sempre deron os seus xogadores en cada unha das 30 xornadas disputadas nesta tempada. Esa fe levou ao conxunto poder evitar o descenso.
Valoración da campaña?
O obxectivo desta tempada conseguiuse, era poder competir en Terceira e presentar batalla cada partido, a partir de aí conseguiuse o premio da permanencia que visto o transcurso da tempada presentábase complicado.
O mellor e o peor?
En canto a goles encaixados, habémolo solapado cos goles conseguidos, nese aspecto fomos a máis. Realmente non nos caracterizamos pola contundencia nas áreas, tanto en ataque como en defensa e sufrímolo nun gran tramo da tempada.
O equipo deu unha gran imaxe na segunda volta?
Si, é certo que se realizou unha gran segunda volta, pero non só a nivel de resultados, senón de sensacións mostradas polo equipo. Iso deunos ese empuxe para acabar no décimo primeiro posto.
Nos últimos partidos, o equipo mostrou a súa mellor cara?
O conxunto acabou moi ben, xogaba con convicción no que facía, e tamén fisicamente finalizamos moi enteiros os partidos. Acabamos sendo un equipo recoñecible.