JUAN RIVEIRO: “Foi unha tempada positiva, pero o equipo tivo angustia durante a competición ata o final”

O adestrador do Atlético Arteixo, Juan Riveiro Rodríguez (A Coruña, 1969), mira a competición de Terceira División coa mentalidade de que o equipo cumpriu as expectativas, aínda que tamén, como o adoita facer, é crítico e recoñece que a primeira parte da mesma non se estivo nada ben.

Valoración da tempada?
O obxectivo era consolidar o equipo na categoría. Por iso foi unha tempada positiva e exitosa. Tampouco estivemos tan lonxe de conseguir algo máis. Mantivemos a ilusión.

O mellor e o peor?
O peor a angustia da competición, que foi excesivamente curta. Na última xornada pasabas de poder descender ou estar da metade da táboa cara arriba. Estivemos coa corda no pescozo desde a xornada uno ata a trinta. Non tivemos respiro. E o mellor o grupo humano. Tanto co corpo técnico como co persoal. Por esa razón é importante mantelo para un futuro.

O equipo ofreceu unha segunda volta moi completa?
É certo que a segunda volta o equipo fíxoo de play off, pero, a primeira foi moi mala. As primeiras xornadas tivemos resultados moi enganosos, que os fomos pagando ao longo da tempada. Pero salvo iso, creo que ningún rival pasounos por encima. O equipo foi a máis, minimizando os erros individuais.

Unha sétima praza que fai boa a tempada?
Creo que é anecdótica, xa que unha derrota na última xornada poderíanos levar ao descenso. Aínda que despois houbo eses cambios de criterio por parte da federación que a todos sorprendeunos. E de saber eses cambios poderíannos evitar esa angustia que pasou o equipo no tramo final. O realmente importante foi que na segunda volta o equipo tivo a capacidade de non cometeu erros e de remontar partidos complicados.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Trofeos Bisbarra en xogo 2024/25

Unha tempada máis, Bisbarra en xogo xunto a varios dos nosos patrocinadores, anunciamos os trofeos que entregaremos ao final da presente campaña. EDICIÓN BERGANTIÑOS, ARTEIXO,